Foz, 8 de abril de 2026. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, enviou hoxe, mércores, un escrito ao conselleiro de Sanidade para preguntarlle se ten previsto pechar o centro de saúde focego os sábados. Tamén lle fixo chegar esta misiva ao xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
“Diríxome a vostede moi preocupado pola información aparecida no día de hoxe no xornal La Voz de Galicia, na que se informa que o centro de saúde de Foz deixará de contar con servizo de urxencias os sábados pola mañá -actualmente estase prestando, en horario de 8 a 15 horas. Segundo a información que traslada o medio de comunicación, a ampliación de horarios nos Puntos de Atención Continuada (PAC) provocará o peche do Centro de Saúde de Foz os sábados”, explica no seu escrito enviado ao conselleiro de Sanidade o rexedor municipal de Foz, que engade: “a lista de agravios sufridos en Foz é moi longa. Na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, hai servizo de urxencias en atención primaria (PAC) en Lugo (2 para 100.143 habitantes), Viveiro (15.120 habitantes), Burela (9.630 habitantes), Ribadeo (10.022 habitantes), Mondoñedo (3.303 habitantes), Vilalba (13.852 habitantes), Meira (1.773 habitantes), Fonsagrada (3.073 habitantes), Guitiriz (5.180 habitantes), Outeiro de Rei (5.420 habitantes), O Corgo (3.366 habitantes), Becerreá (2.836 habitantes), Navia de Suarna (976 habitantes), Pedrafita do Cebreiro (868 habitantes), Folgoso do Courel (921 habitantes), Sarria (13.726 habitantes), Guntín (2.501 habitantes), Palas de Rei (3.227 habitantes), Melide, Chantada (8.171 habitantes), Monforte de Lemos (18.933 habitantes), Quiroga (3.040 habitantes). Non así en Foz, que con 10.329 habitantes oficiais a 2025, é por poboación o sexto concello da provincia e o segundo da Mariña. Somos coñecedores que os Puntos de Atención Continuada (PAC) non se distribúen só en función da poboación senón que se teñen en conta criterios de tempos de desprazamento aos centros de saúde. En calquera caso cremos absolutamente necesario un Punto de Atención Continuada en Foz, dado o volume de poboación (10.329 habitantes oficiais segundo o INE), a estacionalidade e o enorme aumento de poboación en época estival (28.000 – 30.000 persoas nos meses de xullo e agosto) e a tendencia de aumento continuado de poboación en Foz das últimas décadas -sendo significativo o incremento da poboación envellecida, a que máis precisa atención sanitaria. A ausencia de PAC en Foz fora compensada hai vinte anos coa incorporación dun médico en época estival -servizo que foi suprimido- e co servizo de urxencias os sábados en horario de mañá, servizo que se quere suprimir”.
Fran Cajoto engade: “outro agravio con Foz e o seu entorno foi a eliminación sen motivación algunha -agás a económica- dun técnico de emerxencias sanitarias na ambulancia medicalizada, esixindo a sociedade e clase política do Concello de Foz de xeito unánime unha dotación completa de catro traballadores para que puidesen prestar o servizo de forma axeitada, demanda que non foi atendida. A ausencia de PAC e a normativa actual, provocou que Foz deixe de contar desde o 1 de xaneiro deste ano 2026 con farmacias de garda en horario nocturno, perdendo un servizo que consideramos fundamental ante calquera emerxencia.O Concello de Foz non dispón de ningunha información oficial sobre o avance dos trámites de ampliación do centro de saúde, despois das reunións mantidas. Creemos importante que nos soliciten toda a información que precisen para a ampliación do centro de saúde e teñan en conta a súa adaptación como Punto de Atención Continuada para poder prestar un servizo de urxencias no propio concello”.
E o alcalde de Foz remata o escrito ao conselleiro de Sanidade así: “por todo o anteriormente exposto, solicitámoslle: confirme ou desminta a información recollida en prensa sobre a previsión de supresión do servizo de urxencias no centro de saúde de Foz os sábados en horario de mañá que se recollerá nun próximo decreto. En caso de ser certa, modifiquen o borrador de decreto pendente de publicación para que en Foz se manteña os sábados o servizo de urxencias en horario de mañá no centro de saúde. Se inicien os trámites para converter o centro de saúde de Foz nun punto de atención continuada (PAC) polas motivacións expostas anteriormente. Se restitúan de urxencia todos os servizos sanitarios suprimidos en Foz desde o ano 2005, tendo en conta o aumento de poboación do noso concello e o envellecemento da mesma. Quero informalo que desde o Concello de Foz promoveremos e apoiaremos todas as accións posibles para evitar a discriminación e o menoscabo na atención sanitaria das nosas veciñas e veciños, tanto políticas, que serán levadas ao próximo plenario e elevadas para o seu tratamento no Parlamento de Galicia, como de mobilización cidadá. Prégolle encarecidamente que rectifiquen de ser certas estas informacións e que teñan en consideración as necesidades dos habitantes de Foz”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



