Burela, 3 de xuño, 2026. A piques de cumprir 25 anos de presenza en Burela, a Obra Social das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas consolídase como un recurso esencial de apoio á infancia e ás familias en situación de vulnerabilidade na comarca da Mariña.
A súa actividade céntrase principalmente nos centros de menores San Aníbal, un dos de maior ocupación da provincia de Lugo. Segundo os datos correspondentes ao ano 2025, o centro de día de menores e a casa de familia San Aníbal atenderon 44 menores e 37 familias.
A maioría dos usuarios son nenos (82 %), de nacionalidade española (80 %) e residentes en Burela (65 %), aínda que estes centros acollen menores de toda a Mariña Lucense, desde Ribadeo ata Viveiro, pasando por Foz ou Cervo.
Por idades, os centros San Aníbal atenden sobre todo a rapaces e rapazas de 13 a 15 anos (39 %), seguidos dos grupos de 4 a 8 anos (30 %), 16 a 18 anos (18 %) e 9 a 12 anos (14 %). A maior parte son de orixe española (80 %), pero tamén hai menores procedentes de Senegal, Cabo Verde, Portugal, Perú, Colombia, Paraguai, Mali e República Dominicana.
Por outra banda, o programa Familia Educa, que as Fillas do Divino Celo desenvolven en Foz en colaboración con Cáritas Diocesana, atendeu no último ano 34 menores e 23 familias.
O centro de acollida e inclusión social María Nazarena é o único recurso da comarca que ofrece acollida integral a familias con fillos, garantindo protección, desenvolvemento e benestar nun espazo seguro, educativo e humano. Xunto co programa de apoio residencial Emancipa, en 2025 déronse resposta ás necesidades de 5 familias, con 6 adultos e 3 menores.
A Memoria anual destaca tamén o compromiso coa calidade. A Obra Social das Fillas do Divino Celo conta con certificacións como a ISO 9001, o selo EFR de Empresa Familiarmente Responsable e a norma UNE 0070, que acredita a protección fronte á violencia en entidades que traballan con menores ou persoas vulnerables. É unha das poucas organizacións en Galicia que posúe esta última certificación, o que avala os seus altos estándares na protección da infancia e adolescencia.
Actualmente, a entidade dispón dun equipo multidisciplinar de 43 profesionais.
Desde 2002, os seus centros atenderon 464 usuarios (408 menores e 56 adultos), dos cales 87 corresponden ao ano 2025 (81 menores e 6 adultos). No mesmo período, prestaron apoio a 299 familias, das que 65 foron atendidas en 2025.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


