Os populares censuran que o Executivo non detalle a situación por especialidades nin o número de efectivos destinados á seguridade cidadá e ao servizo de Tráfico
A Mariña, 3 de xuño de 2026. O PP lucense advirte que “o Goberno de Sánchez recoñece por escrito que mantén sen cubrir o 17% das prazas da Garda Civil que recolle o Catálogo para a provincia”. Segundo a resposta remitida polo Executivo ás preguntas formuladas polos senadores José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, actualmente existen 169 vacantes sobre un total de 1.092 postos.
Os senadores populares consideran que “o que di ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, é fume” porque “fala do incremento do número de axentes nos últimos anos; pero a realidade é que, a día de hoxe, continúan vacantes case dúas de cada dez prazas previstas para a provincia”, sinalan.
Os populares censuran, ademais, que o Goberno evitase responder a cuestións fundamentais formuladas na iniciativa parlamentaria. En concreto, lamentan que non facilitase información detallada sobre o nivel de cobertura das distintas especialidades, nin sobre os efectivos adscritos a áreas tan relevantes como a seguridade cidadá ou a Agrupación de Tráfico.
Os representantes do PP lembran que a provincia de Lugo presenta unhas características territoriais singulares, cunha ampla extensión rural, unha elevada dispersión da poboación e unha importante rede viaria, circunstancias que fan especialmente necesaria unha presenza suficiente da Garda Civil para garantir a seguridade e a atención aos cidadáns.
Polo tanto, censuran “as escusas” do Goberno de Sánchez que pretende xustificar este déficit de efectivos na provincia asegurando que “o total de postos de traballo do catálogo está previsto para unha dotación máxima de efectivos nas diferentes plantillas que en escasas ocasións alcanza a ocupación total”.
Os senadores por Lugo reclaman ao Ministerio do Interior que adopte as decisións necesarias para avanzar na cobertura efectiva das prazas vacantes de forma que “se reforce a atención aos cidadáns da provincia ao mesmo tempo que se melloran as condicións dos axentes”.
A necesidade de incrementar os efectivos é, de feito, unha das reivindicacións do propio colectivo que ten trasladado en diversas ocasións aos representantes do PP a través das súas distintas asociacións profesionais.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



