Burela, 16 de xullo, 2026. Christian Rivas García, Pitero (Burela, 1999), continuará unha tempada máis ligado á disciplina do Reyco Burela FS. Despois de ostentar a capitanía en Segunda División, a primeira renovación do Mariskal cumprirá a súa novena tempada de laranxa.
Avalado polo seu xogo de costas e pola capacidade de remate, o pivote destro foi o máximo goleador do equipo en 2025-26, con 18 tantos.
Pitero fai balance da última tempada e marca a folla de ruta para 2026-27. Coa chegada de Juanma Marrube ao banco, os cambios deron coa tecla axeitada para iniciar un proceso de reconstrución que acabou dando os seus froitos. Así o recoñece o 6 laranxa: “Fixémonos unha piña, tiramos de orgullo e iso foi a clave para facer unha boa segunda volta, estar máis tranquilos e disfrutar de xogar. O equipo soubo repoñerse a todos os obstáculos; demostramos valentía e dedicación por este club, por este escudo e por esta vila”.
“Ser capitán do Burela para min é o máximo. Creo que calquera neno, sobre todo sendo de aquí, soñou algunha vez con xogar no Burela e talvez chegar a liderar o equipo”, confesaba Pitero, moi feliz e orgulloso, ante unha tempada ilusionante: “Vivimos unha situación moi delicada, un desafío novo e complicado. No entanto, de todo se aprende. Agora sabémolo: loitando todos xuntos conseguiremos ir adiante, xa o demostramos. Sendo conscientes da delicadeza do momento, todos (club, xogadores, afección, a vila…) podemos conseguir grandes cousas, pero xuntos”.
Haberá novidades: “Vai ser un equipo competitivo, con xuventude e ilusión. Sabemos onde estamos e temos que loitar, sendo esa piña que xa demostrou a verdadeira fortaleza e tendo clara a nosa misión: poñer o foco na rendibilidade deportiva”, apuntaba o pivote.
Para Pitero, a axuda das centos de almas que cada sábado se reúnen en Vista Alegre é crucial na historia e no camiño do Reyco Burela FS: “Para Burela a afección é todo: sentir o seu apoio, sentir que lles gusta o fútbol sala, que se amosen orgullosos de ser representados por nós… Todos queremos ofrecerlles o mellor dos espectáculos, que disfruten e que se identifiquen co sentimento de todo un club, de toda unha vila. Somos todos un, e grazas a eles tamén puidemos sacar a tempada adiante. Cada partido tivemos un grande ambiente, sentímonos queridos e arroupados. Estou seguro de que van seguir así e entre todos faremos unha boa tempada”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



