A portavoz, Eugenia Requeijo, esixe ao alcalde do BNG explicacións sobre o pago de forma continuada de facturas por riba do límite legal para contratos menores
Muras, 17 de xullo de 2026. A portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, preguntou no último Pleno do Concello cando pensa o alcalde dar explicacións aos veciños e veciñas sobre as irregularidades no pago de facturas a gabinetes xurídicos vinculados ao BNG e, especialmente, por manter de forma continuada esta facturación por enriba do límite establecido para contratos menores incumprindo a lei, a pesar das advertencias de Intervención. “O alcalde, Manuel Requeijo, está desviando fondos públicos para empresas amigas do BNG, algo que non se pode tolerar”, sinalou a portavoz popular.
Así, o PP de Muras presentou unha denuncia por un presunto delito continuado de prevaricación administrativa contra o alcalde nacionalista, Manuel Requeijo; toda vez que, sendo coñecedor dos reparos de Intervención, “os levantaba” para seguir permitindo durante anos unha facturación por riba do límite legal eludindo os controis propios da contratación pública e a libre concorrencia.
A popular engade, ademais, que se trata de facturas a favor de sociedades vinculadas entre si e a un deputado autonómico do BNG (partido do rexedor de Muras) por un valor de máis de 387.000 euros dende o ano 2015, data na que accedeu á alcaldía do municipio. “É un gasto altísimo para un concello de menos de 600 habitantes”, segundo manifesta Eugenia Requeijo que tamén remarcou “a duplicidade” que supón porque parte dese traballo de asesoramento xurídico o pode facer a Secretaria.
“Dende o PP de Muras miramos por que se xestione ben o Concello e levamos moito tempo denunciando nos plenos, a través da prensa e nas redes sociais as presuntas irregularidades do alcalde; pero fixo caso omiso. Agora será a Xustiza a que diga o que fixo ben ou fixo mal”, engadiu.
Eugenia Requeijo tamén lembrou que “as empresas contratadas polo alcalde son as que dirixen a asesoría xurídica de Adega en todos os procedementos contencioso-administrativos contra a Xunta polos parques eólicos”. Polo que aseverou que “dependendo dos concellos, ao BNG interésanlle os eólicos ou non. Neste caso interesan para sacar un gran proveito en facturas abonadas a gabinetes xurídicos vinculados ao BNG, pero noutros concellos paralizan todo”.
“O alcalde retirou o recurso que interpuxo contra a Xunta obviando supostas infraccións medioambientais por intereses propios na negociación coa empresa eléctrica”, subliñou a popular, quen tamén se pregunta se realmente había infraccións medioambientais ou era unha estratexia por puros intereses políticos.
A voceira do PP remarcou que o alcalde “gasta o diñeiro en asesoramento xurídico co pago de facturas de empresas vinculadas ao BNG e vinculadas aos recursos contra a Xunta polos parques eólicos”, insistindo en que debería “pensar máis no beneficio dos veciños e veciñas de Muras e non nos seus intereses propios ou do seu partido”.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



