Para o meu Manuel Portas, novelista de lectura obrigada
E eu que, nos últimos corenta e tantos anos non faltei nin un só 10 de agosto á procesión, este ano atópome perante dun dilema: ou operarme dun ril ou acompañar o “meu santo” na súa bendita andaina polas rúas de Foz.
Ando a remoer e a darlle voltas ao asunto desde o 27 de xullo, día no que me despediron do HULA cunha mensaxe nunha lingua que non é a miña: “Suspensión de la intervención debido a falta de tiempo por prolongación de quirófano previo”.
Catorce palabras nun parte de alta redactado en castelán, xa que o galego está a agonizar na UCI do hospital, ou iso foi o que me contou un traballador da empresa de seguridade privada contratada polo SERGAS (de xeito anónimo por medo ás represalias).
A min só me restou tocarme o carallo, San Lourenzo, facer a maleta e volver para Foz! E perdoa que che fale así, o meu amado santo, pero alporízame que unha banda de farsantes non só xogue coa miña saúde e co tempo precioso que todos os teus devotos dedicamos á oración: é que están a esnaquizar a sanidade pública!
E cando falo de farsantes, non estou a falar das traballadoras e traballadores dos hospitais do SERGAS, que sempre me coidaron dun xeito exquisito, falo desa mafia que tira dos fíos do poder na Xunta de Galicia.
Un fato de incompetentes que se gaban de ser “neoliberais” e, mesmo sen saberen o que esa palabra significa, ben que aplican a súa doutrina: privatizando, reducindo o gasto social – paseninho, para que non nos deamos de conta! –, desregulamentando as leis que non lles interesan… e esixindo só a intervención do Estado para que rescate ás súas empresas cando as cousas non lles van ben.
Estaba eu tan encabuxado, mentres lle daba voltas a este dilema, que decidín saír a dar un paseo polo monte (ben lonxe de “fodechinchos” e “fodechinchas”!) e foi entón cando aconteceu o milagre: o San Lourenzo aparecéuseme! E isto foi o que falamos:
– Velaquí estou, Gonzalo, que en Foz tes nome de bispo!
Eu leveime un susto tremendo coa aparición e, abraiado, pregunteille:
– Es ti, o meu santo? É un milagre?
– Abofé que milagres fixen, aínda que eu nunca presumín de milagreiro, mais desta volta tiña que vir avisarte.
– E logo, Santo Patrón?
– Abonda, meu! Os devotos como ti poden tutearme con toda confianza.
– Pois así o farei, Louren, moitas grazas.
– Home, tampouco hai que pasarse!
– Perdóame, o meu San Lourenzo querido.
– Ben, imos ao caso que teño présa. Veño para dicirche que nin se che pase pola cachola ir á miña procesión o luns. A saúde é o primeiro!
– Pero se non vou, sería a primeira vez! E eu ámote máis a ti que á miña propia vida!
– Déixate de babecadas e atende: vas volver para o HULA e non saias do hospital ata que che fagan esa cirurxía, e se queren mandarche de volta para Foz, ti nin puto caso!
– Mais os santos blasfeman?
– Os que pasamos pola grella, si. E pola grella están a pasar a sanidade, o ensino, as pensións… e os demais servizos públicos. E sabes quen os pasa? Pois moitas das persoas que desfilan con traxe de gala na miña procesión.
– Canto aprendo contigo, mestre Lourenzo! E por que fan iso?
– Ás veces mesmo pareces parvo! Para encher os petos, hostia! E sabes quen lles paga? Pois esas empresas amigas que se lucran cos teus cartos a conta das privatizacións.
– En fin, ti fai o que tes que facer – rematou o santo – e eu, para que non che quede mal corpo por non vir á procesión, voute impor a seguinte penitencia: de hoxe en diante, deberás apoiar todas as iniciativas da “Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña”. E agora marcho porque teño que marchar.
E, desexándome moita sorte na operacion, o San Lourenzo petou un chimpo cara o ceo e esvaeceuse. Tal como vos conto, foi o que pasou. E vós tomade boa nota: de non defender os vosos dereitos todos os días, tamén desaparecerán como aconteceu co santo.
Abonda xa de farsantes que hipotecan o futuro do país, venden os seus recursos, destrúen a natureza e deturpan a nosa cultura! Espertade dunha puta vez, carallo, e moito ollo cando vaiades votar!, que diría o meu Santo pasado pola grella..
A mesma brincadeira com a que terá que ser a escrita da nossa língua, se não quiser ser definitivamente assimilada pelo castelhano:
O SERGAS não quer que vaia à procissão do São Lourenço. Gonzalo Vázquez López.
Para o meu Manuel Portas, romancista de leitura obrigatória
E eu que, nos últimos quarenta e tantos anos não faltei nem um só 10 de agosto à procissão, este ano vejo-me perante um dilema: ou operar-me de um rim ou acompanhar o —meu santo‖ na sua abençoada caminhada pelas ruas de Foz.
Ando a remoer e a dar voltas ao assunto desde o 27 de julho, dia em que fui dispensado do HULA com uma mensagem numa língua que não é a minha: “Suspensión de la intervención debido a falta de tiempo por prolongación de quirófano previo”.
Catorze palavras num parte de alta redigido em castelhano, uma vez que o galego está a agonizar na UCI do hospital, ou isso foi o que me contou um trabalhador da empresa de segurança privada contratada pelo SERGAS (de jeito anónimo por medo de represálias).
A mim só me restou tocar-me o caralho, Sam Lourenço, fazer a maleta e voltar para Foz! E perdoa-me por te falar assim, meu amado santo, mas irrita-me que um bando de
farsantes nom só brinque com a minha saúde e com o tempo precioso que todos os teus devotos dedicamos à oração: é que estão a destruir a sanidade pública!
E quando falo de farsantes, não estou a falar das trabalhadoras e trabalhadores dos hospitais do SERGAS, que sempre me cuidaram de um jeito esquisito, falo dessa máfia que puxa os cordelinhos do poder na Junta da Galiza.
Um fato de incompetentes que se gabam de ser —neoliberais‖ e, mesmo sem saberem o que essa palavra significa, aplicam muito bem a sua doutrina: privatizando, reduzindo a despesa social – devagarinho, para que nom nos apercebamos! –, desregulamentando as leis que nom lhes interessam… e exigindo apenas a intervençom do Estado para que resgate as suas empresas quando as coisas nom lhes correm bem.
Estava eu tão zangado, enquanto lhe dava voltas a este dilema, que decidi sair a dar um passeio pelo monte (bem longe de —fodechinchos‖ e —fodechinchas‖!) e foi então quando aconteceu o milagre: o São Lourenço apareceu-me! E foi isto que conversámos:
– Velaqui estou, Gonçalo, que em Foz tens nome de bispo!
Eu levei-me um susto tremendo com o aparecimento e, abraiado, perguntei-lhe:
– És tu, meu santo? É um milagre?
– Abofé que milagres fiz, embora eu nunca me tenha gabado de milagreiro, mas desta vez tinha que vir avisar-te.
– E então, Santo Padroeiro?
– Abonda, meu! Os devotos como tu podem-me tutear com toda a confiança.
– Pois assim farei, Louren, muito obrigado.
– Homem, também não é preciso exagerar!
– Perdoa-me, meu São Lourenço querido.
– Bem, vamos ao caso que tenho pressa. Vim para dizer-te que nem se te passe pela cachola ir à minha procissão na segunda-feira. A saúde é o primeiro!
– Mas se eu não for, seria a primeira vez! E eu amo-te mais a ti que à minha própria vida!
– Deixa-te de babecadas e atende: vais voltar para o HULA e não saias do hospital até te fazerem essa cirurgia, e se querem mandar-te de volta para Foz, tu nem puto caso!
– Mas os santos blasfemam?
– Os que passamos pela grelha, sim. E pela grelha estão a passar a saúde, a educação, as pensões… e os demais serviços públicos. E sabes quem os passa? Pois muitas das pessoas que desfilam de fato de gala na minha procissão.
– Quanto aprendo contigo, mestre Lourenço! E por que é que eles fazem isso?
– Às vezes mesmo pareces parvo! Para encher os bolsos, hóstia! E sabes quem lhes paga? Pois essas empresas amigas que se lucram com o teu dinheiro à conta das privatizações
– Enfim, tu faz o que tens de fazer – concluiu o santo – e eu, para que não te sintas mal por não vires à procissão, vou-te impor a seguinte penitência: de hoje em diante, deverás apoiar todas as iniciativas da “Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña”. E vou-me embora porque tenho que me ir.
E, desejando-me muita sorte na operação, o São Lourenço petou um chimpo cara o céu e esvaeceu-se. Tal como vos conto, foi o que passou. E vós tomai boa nota: de não defenderem os vossos direitos todos os dias, eles também desaparecerão como aconteceu com o santo.
Abonda já de farsantes que hipotecam o futuro do país, vendem os seus recursos, destroem a natureza e deturpam a nossa cultura! Acordai de uma puta vez, caralho, e cuidado quando vaiades votar!, que diria o meu Santo passado pela grelha.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



