Nota de prensa:
DOTADOS CON 500.000 € OS PROGRAMAS FORMATIVOS, IMPARTIDOS POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA INMIGRANTES E RETORNADOS
* A convocatoria, que se realiza por vez primeira deste xeito (cunha listaxe de cursos xa pechada), prima o criterio do compromiso de contratación de alumnas e alumnos
Santiago, 12 de xaneiro de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste mércores as bases reguladoras das axudas –en réxime de concorrencia competitiva- a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver accións de formación laboral que contribúan a incrementar a participación de inmigrantes e retornados no mercado do traballo en Galicia.
Trátase da primeira vez que a Comunidade Autónoma convoca este tipo de axudas cunha listaxe pechada de cursos, xa que ata o de agora se viñan subvencionando accións concretas en función do seu interese particular, pero sen un criterio único prefixado, e con duracións e obxectivos dispares. Cómpre salientar neste senso que á listaxe definitiva publicada hoxe no DOG chegouse tras unha serie de consultas realizadas pola Secretaría Xeral de Emigración coas entidades públicas e de iniciativa social que traballan no eido da integración laboral e social dos migrantes.
Os fondos cos que conta a iniciativa da Xunta se fixan inicialmente en medio millón de euros, dos que o oitenta por cento están cofinanciados polo Fondo Social Europeo, a través do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013, e concretamente polo eixo 2 de “Fomento da empregabilidade, da inclusión social e da igualdade entre homes e mulleres”.
O contrato, principal factor
O procedemento de concesión das axudas e subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 12 de febreiro, e o de resolución fíxase en tres meses.
A convocatoria estipula asemade as condicións previas das organizacións que opten ás axudas, así como a acreditación dos gastos realizados, e a documentación necesaria para avalalas. Entre os criterios de baremación destaca de maneira especial o compromiso de contratación posterior de alumnas e alumnos, que computa de xeito moi relevante.
As accións formativas para as que se convocan axudas son ben variadas, abranguendo cursos para albanelería, arranxo de roupa, atención a enfermos de alzheimer, asistencia domiciliaria, de auxiliar agropecuario/a, e de granxa porcina, axudante de peiteado, camareiro/a, cociñeiro/a, ebanista, electricista, empastador/a de barcos, escaiolista, fontaneiro/a, limpador/a, manexo de elevadoras, manicura, macánico/a, panadeiro/a, pintor/a e azulexista, de plantación e poda, planchador/a, recepcionista, reposteiro/a, de tala forestal, de uso de motoserra, xardineiro, e un curso para formación acelerada para a obtención do CAP na súa modalidade de viaxeiros e/ou mercadorías. As accións formativas subvencionables han ter un mínimo de 15 alumnas/os por curso, coa única excepción da última das citadas.
Por toda Galicia
Canto ás contías por acción, estas abranguen un abano desde os 4.080 € do curso de manexo de carretas elevadoras, ou os 4.200 do de planchador/a, ata os 9.780 dos de cociñeiro/a, unha cantidade similar para o de empastador de barcos, ou os 12.000 do curso acelerado do CAP. A listaxe completa, así como o resto dos datos descritos, pode consultarse on line no Diario Oficial de Galicia.
As accións desenvolveranse en localidades de toda Galicia. Así, terán lugar nos municipios de Tordoia, Ferrol, Santiago, Ribeira, Abegondo, Rois, Cerceda, Ames, Arteixo, Culleredo, Ordes, Carballo, As Pontes, Betanzos, e A Coruña, na provincia homónima; en Lugo, Burela, Monforte, e Vilalba, na circunscrición lucense; en Ourense, Pereiro de Aguiar, Xinzo de Limia, O Carballiño, O Barco, Ribadavia, e Verín, na provincia ourensá; e, finalmente, en Vigo, Lalín, Sanxenxo, O Grove, Vilanova, O Porriño, Redondela, Cambados, Poio, e Pontevedra, na provincia homónima.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



