Nota de prensa
O GPPP pedirá no pleno información detallada sobre as residencias que prevé construir a Deputación
* Os populares propoñen na súa moción a creación de unha comisión de coordinación, na que esté representada a Xunta, a Deputación e os 11 concellos afectados, e que, entre outros aspectos, encargaríase de determinar o grao de participación que asumiría cada administración no que atinxe á construcción, xestión e mantemento destas residencias
Lugo, a 26 de marzo de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno do vindeiro martes unha moción na que requerirá ó goberno provincial que explique os criterios utilizados para determinar a elección dos 11 concellos nos que a Deputación ten previsto construir unha residencia para maiores.
Para os populares, existe unha clara falla de información sobre cales foron os criterios nos que se basou a adopción desa decisión, así coma sobre outros aspectos moi importantes, tales como dilucidar quen correrá cos gastos de mantemento unha vez construidas ou incluso saber se se redactou unha memoria económica para cada un dos proxectos.
Máxime, segundo indican, se se ten presente que a Lei de Servizos Sociais de Galicia, Lei 13/2008 do 3 de decembro, no seu Título VII da Atribución de Competencias, no seu Artigo 59, indica que son competencia da Xunta de Galicia a planificación e programación xeral dos servizos sociais no ámbito territorial de Galicia, a creación, o mantemento e a xestión dos servizos sociais especializados e que, seguno o establecido no artigo 63, é competencias das deputacións provinciais proporcionaránlles asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais, especialmente na prestación de servizos sociais comunitarios básicos por aqueles concellos con menos de 20.000 habitantes.
Precisamente para aclarar esos aspectos, os populares solicitarán que se poña a disposición de todos os grupos provinciais información precisa de cada un dos proxectos destas residencias, así coma a memoria económica e a planificación realizada para a súa licitación e execución.
Propoñen ademais a creación de unha comisión de coordinación entre a Xunta de Galicia, a Deputación e os 11 concellos nos que se preve construir as residencias co fin de acadar unha maior eficacia e rendabilidade social dos recursos. Esta comisión encargaríase de determinar, entre outros elementos, os distintos niveis de participación das administracións implicadas en todo o proceso de construcción, xestión e mantemento destas residencias.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



