NOITE DE SAN XOAN
O vello ritual das fogueiras de San Xoan vai ter, na noite do vindeiro xoves, unha nova edición; e así, de diversos puntos da xeografía urbán – e tamén da rural – rubirán ó ceo as chamas do fogo desta ancestral cirimonia, engarzada nas mais devanceiras costumes da nosa terra.
Conta a tradición que na meirande parte das fontes vivían os encantos e as fadas, virxes, doncelas, donas e lavandeiras. Por iso a auga, como o lume purificador, son elementos protagonistas na noite de San Xoan, ós que se recoñecían virtudes curativas para os males do corpo e da alma.
Da nosa lonxana adolescencia, gardamos o recordo da grande fogueira que cada ano ardía no lugar do Cristo, en Marzán. Días antes, os veciños carrexaban, nos seus carros de vacas, madeiras do monte, os tanocos das berzas, así como os silveirais de camiños e congostras, que coidadosamente segaban, para ser queimados na noite lúdica e máxica do 23 de xuño. O acordeón de José da Morena, o cego, ou o de Plácido Val, poñían o contrapunto musical naquela xuntanza que congregaba en boa parte ás xentes de Foz, entón mais familiar e mais distendido que o de hoxendía.
Pero antes xa se cumprira outro ritual: deixar ó sereo un recipiente de auga con flores para, á mañán seguinte, lavarse coa auga fresca e perfumada, á que se atribuían propiedades terapéuticas para as erupcións cutáneas e os males da vista.
O amor facíase presente naquela liturxia, e así as mozas saltaban as chamas, decindo: “Salto por enriba / do fogo de San Xoan / para que non me roa / nen cobra nen can”. Se no brinco libraba das lapas era sinal de casamento dentro do ano: pero se tocaba o lume, esvaecíase a ilusión do casoiro, en tan curto prazo.
As nenas casadeiras poñían á medianoite un vaso de auga, coa xema e a clara dun ovo; ó seguinte día observaban o contido e, dacordo coa figura que tomara o mesmo, tal sería a profesión do futuro marido; así, por exemplo, se semellaba un martelo o seu home sería carpinteiro.
En Foz utilizouse nunha ocasión para coñecer o paradoiro dalguen do que había tempo non se sabía. Como no vaso xurdira a figura dun navío, soubose que o home andaba embarcado…
Como tantas tradicións, a noite de San Xoan perdeo o encanto poético de antano: xa non se deixa a auga coas flores ó sereo, nen o vaso coa xema do ovo; e se as rapazas saltan a fogueira é mais para amosar a súa forma física que para coñecer a data do casamento…
Esperemos que na noite do vindeiro xoves, de toda a xeografía urbana – e tamén a rural – emerxan as espectaculares luminarias, lanzando ó espacio a mensaxe da ilusión das xentes, e que arredor delas se disfrute da convivencia distendida, da conversa animada e de cantos aditamentos poidan favorecer a mesma.
Á luz do lume, acolledor e subxugante, entre o bulideiro xolgorio das xentes, ledas e festexeiras, haberá un anaco para a nostalxia, porque, “¿Quén pode esquecer de vello / os seus tempos de rapaz? /¿Quén pode esquecer a noite, / a noitiña de San Xoan / co seu séquito de bruxas, / fogueiras, baños de mar / augas de rosas, parranda, bailes e aínda mais? / / ¡Se ata vellos como somos / o lume imos brincar…!”.
Suso Fernández

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



