Mande noticias, artigos de opinión, fotos e vídeos da Mariña para publicar en Cronica3 A Mariña.
Para poñerse en contacto con Cronica3 envíe un correo electrónico a: cronica3@gmail.com
– Mande novas so de A Mariña. Noticias veciñais, de empresas, de asociacións, de organismos públicos, de entidades privadas, notas de prensa, artigos de opinión, e crónicas relacionadas con concellos da Mariña, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Valadouro, Vicedo, Viveiro e Xove.
– Recorde, para publicar na sección Opinión debe identificarse, por motivos legais, e facilitar o seu nome e apelidos, enderezo completo, DNI, email valido e teléfono de contacto. Non se publicaran os seus datos, so o nome/pseudónimo que desexe. Tamén é necesario para publicar, por primeira vez, informacións de colectivos, entidades, empresas, partidos políticos, etc.
– Como norma xeral en Cronica3 A Mariña publicamos textualmente o que nos envíe, integramente. En Cronica3 so poñemos un titulo é unha entradiña, si procede.
– En Cronica3 non asistimos a actos, roldas de prensa ou similares e non vamos buscar a noticia. A única vía para publicar en Cronica3 A Mariña e que nos envíe a información a cronica3@gmail.com
– Importante!. Non temos medios para tratar arquivos de texto convertido en imaxe e gardado como .pdf, fax ou similar. A información que nos remitan debe estar en formato manipulable, tipo .txt, .doc., .odt, ou .pdf manipulable. As imaxes en formato .jpg.
Para mandarnos a súa información e/ou opinión debe facelo a: cronica3@gmail.com
Se desexa calquera outra información, o noso teléfono é 606 863 322. Enderezo: Viladaíde 21 Baixo E. 27790 Barreiros. Félix Jorquera Caselas


















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



