A SEQUIA E SAN GONZALO
É evidente que a sequía pertinaz que padecemos, non ven a aliviar precisamente esta situación de crise galopante. Ao contrario, pronostícase que a ausencia de choivas vai agravar as condicións de vida nesta época tan complicada, social e económicamente, que define o profundo deterioro que dispara tódalas alarmas. Nese senso, os focegos vemos mais doado que se resolva o problema da sequía, pois ésta ten unha connotación divina, que o resto das circunstancias, as definitivas, que están só en mans humanas, sobre todo dos políticos, e xa se sabe…
Non quer isto decir que os de Foz nos sintamos mais preto dos santos e dos anxos que os habitantes do contorno. Trátase só de que nos anais de noso pobo existe un precedente que é o que neste caso nos da esa confianza que inspira a tradición.
É sabido que, alá pola alta Idade Media, deuse na bisbarra unha experiencia semellante ó pasar un tempo excesivo sen caer unha gota de auga no chan. As xentes, atemorizadas ante a situación, e ó carecer de todo recurso tecnolóxico, nen de outra índole, pregaban a Deus para que enviase sobre a terra o líquido elemento que os redimira daquela anguria, e aínda, co obxetivo de facer mais forza ante a Súa Divinidade,, organizaban as consabidas “rogativas” nas que participaba todo o vecindario, e nen así. Deus facíase o xordo.. Á vista de tanta frustración, alguen tivo a idea feliz. Eran os tempos do reinado de San Gonzalo, o Bispo Santo, na catedral de San Martiño que, como era público e notorio, tiña acreditadas as dotes de milagreiro, pois a sona de tal chegaba ós confins do Universo, tralo afundimento pola sua intervención da Armada Normanda que se dispuña a invadir os pobos do litoral.
Como, que se sepa, daquela non había alcaldes nen concelleiros (ou as crónicas nada dín ao respecto), o pobo de contado púxose dacordo e nomeouse unha comisión de veciños dignos (hoxe sería unha “plataforma”) para que espuxeran ó Santo Bispo o que era motivo de desacougo entre a poboación; e conta a lénda que iste, receptivo á petición da súa grei, quitándose unha das sandalias que calzaba e lanzandoa afastada dil, onde foi a caer brotou a auga formando a que dende entón foi, i é, a Fonte da Zapata, que se convertiu nun fito carismático desa pérola da arte e da historia que é San Martiño de Mondoñedo,
Dende tempos tan lonxanos a Fonte, tan querida polos veciños, permaneceo preto da igrexa, en lugar destacado, como ornato do seu contorno, ata que por mor das importantes obras de restauración polos anos 60 do século pasado, cambearon o seu emplazamento, quedando en plano inferior, medio oculta, menguado o seu protagonismo na paraxe que delimita o conxunto histórico e artístico, coa contrariedade da veciñanza que en numerosas ocasións manifestaron o seu malestar, pedindo que voltase á situación anterior, o que non conseguiron. Ramón María Vila, a quen hai moitos anos definímos como “labrego con alma de poeta”, dixo: “Fuente de la Zapata,/ lo que con el tiempo sufriste, / antes dabas la cara alegre / y ahora das el culo triste”.
O compromiso de San Gonzalo con Foz e a auga, é algo que se compre puntualmente ó longo dos séculos, pois os focenses sabemos moi ben que se non é antes, o día da romaría do Santo, arredor da súa capela no alto da Grela, en maior ou menor medida, choverá. É decir, o Bispo lexendario, mantén sempre viva a súa intercesión. Daí que un coide que os focegos, moito mais que nos políticos, confíen en San Gonzalo; non é de estranar…
Suso Fernández
Cronista Oficial de Foz


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



