Ao encontro de esta mañá, asistiron membros do sector pesqueiro, un área estratéxica nesta comarca
O Partido Popular de Lugo continuou hoxe, na Mariña, as súas reunións cos empresarios para explicárlle-las últimas medidas adoptadas polo goberno central
O Secretario Xeral do Partido Popular en Lugo, José Manuel Balseiro e os Deputados Joaquín García Díez e Jaime Olano explicaron a partida que dotou o estado afirmando que vai posibilitar que todas aquelas débedas que Concellos e Autonomías teñan con empresarios, sexan liquidadas
Sobre a reforma laboral, aseguraron que é a solución para a creacción e o mantemento de postos de traballo
A Mariña, 26 de marzo de 2012.- O Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e os Deputados Joaquín García Díez e Jaime de Olano, mantiveron esta mañá unha reunión con empresarios lucenses para explicarlles as medidas que o Goberno de España ven adoptando neste últimos meses. Centráronse, sobre todo, no Real Decreto de pago a proveedores e na reformal laboral.
Con respecto ao pago a proveedores, explicaron que o Estado dotou unha partida de 35 mil millóns de euros que vai a posibilitar que todas aquelas débedas que, tanto Concellos, Autonomías, teñan con empresas pequenas ou autónomos sexan liquidadas.
Balseiro, García Díez e De Olano, afirmaron que esta medida, aprobada recentemente é un feito único. “Nunca se ten dado na historia de este país que se permita poñer a cero a débeda das diferentes administracións tanto locales como autonómicas” manifestaron.
Aseguraron, ámbolos tres, que esta medida ten un dobre efecto: por unha banda, que as empresas van a cobrar, e esa é unha inxección de liquidez nelas (poderán pagar tamén elas as débedas que tiñan) e, por outra banda, dalles unha posición financieira máis forte no sentido que van a rebaixar a débeda que eles poidan ter con entidades financieiras e polo tanto acudir a financiación cando menos nunha cuantía equivalente a este importe.
“Estamos diante dunha circunstancia que calificamos de feito histórico e que demostra claramente que este goberno tomou as cousas en serio, que analizou cal é a realidade da situación e tamén aquí cabe encadrar esta medida porque temos que saber cal é a débeda do conxunto das adminstracións, por eso se lle pedíu aos Concellos e as autonomías que dixeran o que deben, cales son as facturas que están pendentes antes de 2012, para a partir de ahí buscar unha fórmula apropiada para poder levar a cabo a liquidación “
Sobre a reforma laboral, dixeron os populares, que é imprescindible. “O anterior goberno socialista levou a cabo 5 reformas laborais cuxo único resultado foron máis de 5 millóns de parados, polo que ata agora neste pais só había un mecanismo de axuste, que era destruír emprego, algo que hai que cortar e que o facilitará a reforma laboral”- manifestaron.
A de hoxe, é a sexta reunión que os populares lucenses están levando a cabo nas comarcas da provincia, para explicar aos empresarios as novas medidas adoptadas polo goberno central. Uns encontros que están sendo un auténtico éxito e no que participan un númeroso número de empresarios, na de esta mañá participaron, ademáis, membros do sector pesqueiro, un área estratéxica na comarca da Mariña.
Remitido




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



