AS FUGAS DE CUNQUEIRO
![]()
Recente e breve estadía na cidade de Vigo deparounos a oportunidade de asistir á presentación que alí se fixo do libro “Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Alvaro ante el periodismo y la literatura”.
José Landeira Yrago, escritor e xornalista, compañeiro,como redactor xefe, no Faro de Vigo e amigo íntimo do mindoniense; cando en 1965 este accede á dirección, Landeira pasa á subdirección ás ordes daquel. Ao producirse a marcha de Cunqueiro do “Faro”(1970) négase a substituílo no posto. Cinco anos mais tarde a empresa convence a Landeira para facerse cargo do timón do prestixioso xornal, no que permaneceu ata a xubilación. Á súa morte, en 1995, deixou publicados unha ducia de libros e os extensos apuntes (uns 450 folios mecanografados, inéditos), referidos á personalidade e a convivencia co autor de “Merlín e familia”. Esta obra periodística, pero tamén de pensamento profundo, xuízos literarios e reflexión amena sobre a vida (preñada de anécdotas) e a obra dun amigo admirado, ofrece imaxes novas dun dos narradores galegos mais universais, ao tempo que describe as peripecias dun escritor que exerceu o xornalismo como medio de vida, e independencia, que lle permitiría crear os propios universos ficticios, fora das esixencias das editoras. Landeira fala do Cunqueiro mais humano, mais amigo dos amigos, mais creativo e mais inconformista. “Sobre las fugas de Cunqueiro” foi escrito arredor do ano 1991, con motivo do décimo aniversario da súa morte. Falecido Landeira, o seu neto Renato A. Landeira, avogado e xornalista, ordena as notas do avó, actualiza o texto “en pro dunha mellor comprensión da especialísima relación autor-protagonista” editándoas co devandito título. Foron cinco anos de obra conxunta no “Faro de Vigo”, de traballo diario, pero tamén, e moito, de fugas…
O redactor xefe de “La Voz de España”, onde o mindoniense escribía a sección “Verbas”, preguntou nunha ocasión, entre os redactores, quen sabía inglés, co fin de que traducira o pé dunha fotografía. O único que respondeu afirmativamente foi Cunqueiro que, de contado e sen atrancos, o traduciu. Días despois ocurriu o mesmo con outra foto que enviara a mesma axencia de noticias procedendo a traducila nun santiamén. Unha vez publicadas, o representante da axencia fixo saber á redacción que os pes supostamente traducidos nada tiñan que ver co asunto que trataban as fotografías, polo que en adiante xas enviaría traducidas. Sospeitouse que aínda daquela Cunqueiro non sabía inglés. Un redactor recortou a crónica dun xornal e, de parte do director, pediulle ó mindoniense que a traducira; éste, sen inmutarse, negouse: “eu viñen eiquí – dixo – como redactor.Se queredes que faga tamén de traductor, o periódico ten que pagarme un sobresoldo”.
Manuel Halcón, grande amigo de Cunqueiro, cando aquél xa non dirixía o ABC recibiu unha carta fechada en Mondoñedo o 12-11-40, na que lle decía: “Querido Manolo: me caso el miércoles, 18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte en la Dirección General de Seguridad, pendiente de una orden de la Secretaría de Mayalde para que lo despachen. Sin pasaporte no puedo ir a Portugal. Si no voy a Portugal no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros…”.








Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



