UNICEF AGRADÉCELLE Á DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE A SÚA IMPLICACIÓN NA I CARRERA DEL AGUA GOTAS POR NÍGER. COS CARTOS RECADADOS UNICEF COMPRARÁ UNHA BOMBA DE AUGA E MÁIS DE 24.000 PASTILLAS POTABILIZADORAS.
Burela, 25 de abril de 2012. Unicef ven de agradecerlle á Delegación de Medio Ambiente de Burela a súa implicación no proxecto I Carrera del agua Gotas por Níger, para celebrar o día mundial da auga e colaborar con esa campaña. No comunicado enviado ao Concello Unicef ten un recoñecemento especial para os técnicos do área que participaron activamente na organización previa e na propia carreira así coma aos centros educativos e asociacións participantes e á Fundación Imdecum.
Cos cartos recadados en Burela Unicef pode subministrar unha bomba de auga que proporcionará auga limpa a unha comunidade enteira, evitando ademáis que mulleres e nenos teñan que camiñar kilómetros para poder disfrutar deste dereito humano básico. E tamén se comprarán 24.090 pastillas potabilizadoras que poderán converter máis de 97.000 litros de auga sucia en potable e apta para o consumo humano.
Desde Unicef animan ao Concello de Burela se seguir colaborando neste tipo de iniciativas para “construir juntos un mundo mejor para la infancia. Esperaremos encontrarnos el próximo año en la II Carrera del Agua Gotas por Níger en Burela”.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, tamén agradece unha vez máis a participación de todos os que acudiron a esta chamada do Concello e de Unicef e amósase satisfeita de poder axudar con tan pouco a facerlle a vida máis fácil e máis feliz a toda unha comunidade en Níger.
Remitido





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



