Preto de 30 veciños participaron nunha camiñada pola parroquia cervense de San Román de Vilaestrofe
Cervo, 1 de maio de 2012-Unha trintena de cervenses de tres xeracións diferentes, dende avós a netos, participaron nunha marcha a pé pola parroquia de San Román de Vilaestrofe. Cativos e maiores completaron un percorrido duns 8 quilómetros no que aproveitaron para coñecer con máis profundidade esta parroquia, así como as súas fontes naturais.
A actividade estivo organizada polas Escolas Deportivas municipais, a través da Concellería de Deportes. José Ramón Soto, o delegado desta área, que tamén participou na camiñada, asegurou que “foi unha experiencia moi positiva para todos xa que, ao mesmo tempo que practicaron deporte, descubriron algúns recunchos da parroquia e sobre todo, fortaleceron a convivencia entre persoas de distintas idades e xeracións”. Unha iniciativa que “pretendemos repetir” remata Soto.