BALSEIRO INSISTE NA IMPORTANCIA DE CANALIZAR AS RECLAMACIÓNS SOBRE ABUSOS DAS ELÉCTRICAS A TRAVÉS DAS OFICINAS DE CONSUMO
A Mariña, 5 de xaneiro de 2013.- O deputado popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa disposición de colaborar coa Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico e calquera outro colectivo de consumidores que necesite a súa axuda, malia que precisou que polo momento non ten constancia de que ningunha persoa deste colectivo se teña posto en contacto con el con este obxecto.
O deputado popular sinalou que, froito da súa preocupación por este asunto, decidiu rexistrar -a título particular e como deputado- unha iniciativa parlamentaria tras ter constancia do aumento queixas de particulares e empresas por problemas relacionados coa facturación do consumo eléctrico e logo de informarse diante da Xunta do aumento dos expedientes sancionadores a empresas eléctricas por razón destes abusos.
OFICINAS DE CONSUMO
Balseiro insiste na necesidade de que as administracións central e autonómica continúen reforzando os mecanismos de protección dos dereitos dos usuarios ante os problemas xurdidos coas tarifas e sinala a importancia de calquera persoa afectada canalice -de xeito prioritario e preferente- as reclamacións sobre abusos das eléctricas a través das oficinas de consumo e do Instituto Galego de Consumo. De feito ademais de recibir un asesoramento especializado permite á Xunta ter mellor coñecemento da situación real que se está a producir e así tomar as medidas adecuadas para resolver a súa situación.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



