Decíamos en anterior comentario que hai 70 anos, por estas datas, zarpaban do porto as primeiras embarcacións da historia do mar focego que se desprazaban a leste á captura do bocarte, e cómo a solidaridade e xenerosidade das xentes mariñeiras, en tempos miserentos, fixeron agromar uns valores humanos excepcionais, e contamos cal foi a actitude de amparo e protección por parte dos laredanos cos pescadores focegos, que deixaron a pegada na sociedade de ambas pobos. Pero no relato esquecimos o precedente histórico a tan exemplar proceder: polos anos 20 do pasado século vivía en Foz don Luis Gutiérrez, fillo de Laredo, que aquí rexentaba unha conserveira. Por aqueles tempos a sardiña abundaba sobremaneira no noso litoral e don Luis animou a armadores do seu pobo a que se desplazaran aquí porque seguro que ían pescar satisfactoriamente. Así o fixeron algunhas lanchas, pero as capturas eran de tales proporcións que o peixe devaluouse ó punto que apenas se cotizaba e os foráneos non gañaban o mínimo para subsistir. Foi entón cando os focegos os acolleron nas súas casas e nelas atoparon humilde acubillo, compartindo a pobreza dos nativos mentres non abandonaron Foz. Son as grandes leccións da historia…Xesús Aramendi era un prestixioso armador de Santander; o “Nembrudo”,. amigo seu, animouno a desprazar algunha das súas unidades a pescar ó chicharrón, e así o fixo coas lanchas “Santa María”, “Aituna” e “Mendi”. Trala experiencia, Aramendi convence a Eliseo para que se desprace a leste, ó bocarte. Era finais dos 40 e cara alá parten o “Delio” e a “Remigia”: a primeira tripulada por: Antonio e Eliseo de Quintanero; Valadouro, Balbino de Andrés, Chingla, Mancha, Didín, Manolo da Cacarela, Salvador Incera, Pepe do Fesguello, Suso Castiñeira e Pepe do Barbeiro e a 2ª, propiedade de “Pelotas”, con Pachocho (patrón), Alberto da Capitana, Manolo de López, Normando, Tisia, Paco de Eulalia, Barrigán, O Mereto, Pelolelo e Cora, os pioneiros. Os de Laredo tiveron ocasión de corresponder cos focegos; e a fe que o fixerono moi xenerosamente.
Suso Fernández





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



