Burela, 15 de abril de 2013. O goberno burelés está levando a cabo durante estes días, a través da empresa concesionaria do subministro de auga, Espina y Delfín, as actuacións tendentes a eliminar os sedimentos existentes nos tres depósitos de auga situados na zona de O Torno.
A concelleira delegada de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, manifestou que “a limpeza dos depósitos faise en varios días, pero mentres duren estas actuacións pode haber problemas de turbidez na auga subministrada”. López Eijo engadiu que “a limpeza dos depósitos ten carácter anual e entra dentro das labores de mantemento das instalacións municipais que ten encomendadas a empresa concesionaria do servizo”.
A concelleira de Medio Ambiente aproveitou para lembrar que “estas instalacións solucionaron o problema de almacenamento de auga que tivo Burela durante anos”. Ademais indicou que “esta obra, feita entre 2005 e 2006, foi promovida polo goberno municipal do PP daqueles anos, tivo un investimento de 550.000 euros, e actualmente permite almacenar un total de algo máis de 5.000 metros cúbicos de auga, que garanten o subministro durante polo menos tres días”.
López Eijo pediu desculpas “polas posibles molestias que poida causar a presenza de certa turbidez na auga durante estes días, pero indicou que estes traballos son obrigatorios para manter as instalacións en condicións óptimas”.










O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



