Os que temos máis ou menos mais anos que a Constitución, saben que esta Monarquía parlamentaria xustifícase por esa cousa que nos pilla tan lonxe (e chea de claroscuros) chamada “a Transición”. Pero sobre todo xustifícase por un momento decisivo: o discurso do Rei desactivando o golpe de Estado de 1981. Nese momento crítico Xoan Carlos gañouse a legitimidad ata entre os que non eran e non son partidarios da Monarquía. E gañouse esa legitimidad porque fixo o que a maioría dos cidadáns desexaban que fixese. Pensou como eles e actuou en consecuencia. Ahora contan que a Casa do Rei intenta “achegarse á mocidade”. Esta tarefa recae, sobre todo, en Felipe de Borbón.
A Coroa cre que se achega á mocidade interpelándoa nos discursos e expresando a súa preocupación pola situación que atravesan máis da metade dos mozos: o paro. Pero non só iso, o desinterese dos mozos, cando non auténtico odio, non só apunta á Monarquía, senón tamén ás principais institucións do Estado.
A maioría dos españolitos de a pé percibimos unha sorte de Estado difuso e a cámara lenta que pouco a pouco vai fagocitando os débiles mimbres democráticos sobre os que se sostiña esta controvertida construción chamada España. Non hai unha resposta da Casa do Rei ao vaciamiento de significado dos artigos que teóricamente deberían garantir os dereitos que, sobre o papel, fan de este pais un Estado social e democrático de dereito. Por non falar xa dos escándalos que sacoden a Urdangarín e dos pasos en falso de Xuan Carlos.
O Príncipe herdará moitos títulos, pero non a lexitimidade democrática (agora cada vez máis en dúbida) que o seu pai gañouse con aquel soado discurso. Felipe de Borbón debería responder a ese golpe de Estado que vivimos a cámara lenta (pero inexorable) cun discurso (quizá tamén dosificado, a cámara lenta) que fale directamente aos mozos. E non pola vía do queixume ou a interpelación, senón facendo seus o discurso e as inquietudes dos mozos. O cidadan Felipe debería estar provocando urticaria entre os poderes fácticos que viven na inercia do saqueo democrático e económico, debería ata “matar ao pai”, en sentido freudiano, para gañarse aos seus coetáneos.
Tal e como están as cousas, Felipe de Borbón non vai herdar a calma chicha que perante décadas (xa non) logrou establecer aquel discurso do seu pai a noite do 23-F. O Príncipe faría ben en desmarcarse, en ser incómodo sen caer na demagoxia. En cambiar o fondo e as formas, en cambiarse de trincheira. Pasarse á trinchera dos que saben que esta democracia non é suficiente e de que, o logrado, por valioso e raro que sexa na historia, empeza a non bastar para varias xeracións que xa o dan por sentado e que buscan parecerse ás democracias avanzadas, onde entre outros factores, a transparencia, o medio ambiente e o respecto a protección dos individuos ocupa lugares moito máis prioritaros que no noso Estado.
Evidentemente non o fará. E chegará ao trono en posición de debilidade. Cuestionado e sen a lexitimidade da que gozou o Rei e que, xa anacrónicamente, aínda lle mantén á fronte da xefatura do Estado. Á fin e ao cabo Xoán Carlos pode pasar aquí por esa figura tan querida en países menores de idade en términos democráticos: a de “pai da patria”, porque é o muñidor daquela xa pretérita “España moderna”. Pero Felipe de Borbón non é muñidor de nada, pai nada, e ninguén lle viu expoñerse, xogarlla, polos seus futuros “súbditos”.
Ou o Felipe desmárcase e sáese do carril que lle trazaron ou con razón as tensións contra a Coroa seguirán aumentando exponencialmente, co consiguiente risco de ruptura e, sobre todo, de involución en forma dun novo autoritarismo. Non parece que o “establishment” estea disposto aínda a consentir unha democracia renovada e tranquila en forma dunha serena República Española, así que as alternativas a un Príncipe deslexitimado pasarán case seguro por formas autoritarias, dun ou outro signo. Un futuro sombrío que só pode previr un discurso constante e comprometido (aínda que sexa a cámara lenta); pero sobre todo un discurso que dea lexitimidade ao Príncipe e demostre que pensa como a maioría dos seus cidadáns e que fará o que estes esperan.
E todo esta reflexión, recorden, está feita por un republicano confeso.
A. Otero Regal



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



