Foz, 8 de xullo de 2013. Os colectores de residuos de Foz serán limpados esta noite e a próxima e o Concello colocará máis na zona próxima á praia da Rapadoira. Anunciouno a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Maite López Rego, quen tamén deu a coñecer que hoxe empezaron as obras para reorganizar o tráfico nas rúas da zona coñecida como Rego de Foz e ademais serán contratadas 5 persoas máis para limpar as praias.
A edil de Medio Ambiente explicou que “unha das peticións máis reiteradas polos veciños nas diferentes xuntanzas que estivemos tendo nestes últimos días foi a limpeza dos contedores. Dende o equipo de goberno, a través da Concellería de Medio Ambiente, traballamos neste asunto e, aínda que é unha época difícil porque estamos no verán, hai moita xente de vacacións e as empresas están a medio gas, conseguimos que na noite de hoxe e na de mañá limpen os contedores do casco urbano. En próximas datas tamén faremos o mesmo nos do resto do concello”.
Maite López lembrou que o concello de Foz “está conseguindo mellorar moitísimo na recollida do lixo, tanto do orgánico como do selectivo, en gran parte isto debémosllo ós veciños e veciñas de Foz, que foron grandes colaboradores neste asunto”. Pero agora a concelleira pídelles “un pouquiño máis de esforzo para intentar entre todos non tirar o lixo antes das oito da tarde polo menos agora, nesta época do verán. Desta maneira conseguiremos evitar malos olores e que o lixo se acumule durante todo o día na rúa e que os paxaros ou gatos poidan extraviala. Trátase de dar unha mellor imaxe do concello”.
A concelleira de Medio Ambiente e Turismo anunciou ademais que se aumentará o número de colectores na zona próxima á praia da Rapadoira e que nese lugar, coñecido como Rego de Foz, comezaron hoxe as obras, concretamente na rúa Illa Nova, para reorganizar o tráfico, traballos que continuarán durante uns días máis”.
López Rego rematou agradecendo á Xunta de Galicia “a colaboración que tivo co noso concello na limpeza de praias, xa que aportáronnos cinco persoas máis das que había para este cometido”. Pola contra, lamenta que “a Deputación de Lugo borrara do mapa ao noso concello, xa que teñen todo sen rozar e totalmente abandonado. Supoño que pensarán que o concello é do seu alcalde ou dos seus concelleiros do PP. Pero non, o concello son case dez mil habitantes, que pagan relixiosamente os seus impostos e teñen dereito a ter os servizos que tiveron sempre independentemente de quen goberne ou da súa cor política”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



