A Mariña, 18 de setembro de 2013. A Plataforma Na Defensa Da Sanidade Pública da Mariña, colectivo que aglutina a colectivos veciñais, de doentes, forzas sindicais e políticas, que convocou hoxe a concentración para reclamar unha vez mais a paralización e reversión das políticas que o goberno da Xunta, nomeadamente o SERGAS, por ser a antítese do que debe ser unha boa xestión da sanidade pública. A Plataforma cualificou de exemplar a resposta da cidadanía ribadense ante a perda de persoal sanitario no Servizo de Atención primaria da localidade que devolve, despois dos recortes perpetrados polo SERGAS, a fai trinta anos a dotación do centro de saúde despois de perder unha praza de enfermaría, outra de PSX e agora unha médica. Anuncian que levaran a cabo mais medidas de presión e asistiran ao pleno do próximo martes onde se debaterá este asunto.
Mais de 300 persoas reclamando o fin dos recortes sanitarios deberían retumbar na Consellaría de Sanidade para parar esta desfeita.
A Plataforma valorou como exemplar a resposta ofrecida hoxe pola cidadanía ribadense aos recortes no seu Centro de Atención Primaria que suma á actual perda dunha praza médica, outra de enfermaría e unha PSX. Dende a Plataforma conclúen que mais de 300 persoas reclamando o fin dos recortes na calidade asistencial deberon retumbar nas conciencias dos dirixentes do SERGAS de quen se agarda un cambio de actitude coa reposición do persoal sanitario suficiente para atender en condicións óptimas a carteira de usuari@s do centro.
Seguirá habendo presión social para impedir o deterioro da sanidade pública porque a xente está farta de recortes no que é esencial.
A Plataforma anunciou que estará presente no pleno do próximo martes onde se debate a reclamación para recuperar o persoal médico perdido no CAP de Ribadeo, non descartándose a convocatoria de novas mobilizacións, “hoxe viuse con claridade en Ribadeo que a preocupación polo deterioro da calidade asistencial é colectivo e esténdese por toda a comarca”. Lóxico, afirman, cando a xente vé como a xestión sanitaria da Xerencia de Xestión Integrada con sede en Lugo aplica a tesoura cebándose cos centros de atención primaria – tres prazas médicas perdidas en tres meses na comarca – sen explicacións, nin motivos convincentes mais que o do recorte ou a propaganda adormecedora. cando na realidade é negro. “O recorte sistemático nun servizo básico como a sanidade chámase deterioro, degradación ou desmantelamento pero nunca optimización de recursos como eufemisticamente o denominan dende o SERGAS” e con isto a xente xa non traga.
Hai quen se empeña en vender como melloras o que simplemente é un ataque constante e planificado contra o sistema sanitario público.
Dende a Plataforma certificaron hoxe en Ribadeo, como nas concentracións polo mesmo motivo en Cervo ou en calquera das que ten convocado ou participado que a xente non traga coas campañas de propaganda que pretenden convencer de que algo é branco cando, seguindo a costume deste goberno, adoita ser negro. Nesta lña advertiron sobre os intentos de confundir con anuncios de posta en marcha de servizos como o oncolóxico no Hospital da Costa, ou outros en carteira, que xa nacen en precario.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



