Trinketrinke Teatro achega un contacontos teatral dirixido a nenos e nenas de Infantil e Primaria protagonizado polos ratos da Biblioteca ó Vicedo. “Aventuras na cociña” terá lugar o mércores 15 de abril a partir das 17.30 horas na Casa da Cultura. E, pola súa banda, MAUMARELA organiza o obradoiro “Crea fósiles de dinosaurios” o mércores 22 de abril a partir das cinco e media na Casa da Cultura do Vicedo dirixido a maiores de 4 anos. O Karaoke de primavera celebrarase o venres 17 de abril a partir das 22.00 horas na Casa da Cultura. Neste caso, a actividade diríxise a maiores de 14 anos.
Actividades de primavera na Casa da Cultura do Vicedo
Actividades de primavera na Casa da Cultura do Vicedo
Relacionado
-
Xa está aberto o prazo para formalizar a matrícula na Escola Infantil Municipal de Viveiro para o curso 2025/2026
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebrou este sábado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz