A Mariña, 9 de maio de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego quixo deixar patente este sábado unha das súas prioridades políticas para os vindeiros catro anos en todos os Concellos: a defensa dos servizos públicos e nomeadamente dunha sanidade pública e de calidade na comarca da Mariña, tanto na asistencia primaria como na especializada e hospitalaria.
“Non queremos que os cidadáns e cidadás da Mariña se vexan obrigados a desprazarse a Coruña ou Santiago para curar as súas doenzas, porque na Mariña temos dereito a contar con eses mesmos tratamentos sen ter que desprazarnos”, reclamou esta tarde a responsable comarcal do Bloque, Ana Ermida, diante do Hospital da Costa e rodeada de todos os cabezas de lista e candidatos do BNG na comarca, entre eles os alcaldes de Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto, Fernando Suárez, Orlando González Cruz e Federico Gutiérrez Estoa, e do vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga.
O BNG xa anunciou que a defensa dunha atención sanitaria de calidade para a poboación, tanto no Hospital da Costa como nos Centros de Saúde de todos os Concellos será “unha das batallas que o BNG veu dando nestes últimos anos e que seguirá dando nos próximos catro anos, porque é de xustiza e é un dereito”, afirmou Ana Ermida, que puxo en valor o traballo dos alcaldes do BNG en Ribadeo, Riotorto ou Mondoñedo “por defender aos seus veciños e veciñas e opoñerse aos recortes nos centros de saúde de primaria dos seus Concellos”, en contraposición a outros alcaldes do Partido Popular, como Cervo ou Xove, “calados ante as mesmas medidas do PP”. Tamén quixo felicitar á Plataforma Sanitaria da Mariña, na que o nacionalismo estivo presente, “por ter denunciado e mobilizando á sociedade mariñá contra os recortes e medidas antisociais dos gobernos do PP”.
“Non queremos que o Hospital da Costa acabe convertido nun simple ambulatorio”
Ana Ermida acusou a Feijóo, coa complicidade dos alcaldes do PP da Mariña, de querer converter o Hospital da Costa “nun simple ambulatorio dependente de Lugo”. “Desde o 2009 a comarca da Mariña vense mobilizando contra perda de autonomía da xestión sanitaria en favor de Lugo, a actitude dos alcaldes do PP sempre foi dar as costas a esta demanda social. As consecuencias desta decisión da Xunta, efectiva desde 2013, fixo perder á comarca capacidade de decisión sobre as necesidades de persoal e servizos dos centros de atención primaria e especializada na comarca, evidenciado mesmo coas demisións de dous xerentes do Hospital da Costa críticos coas consecuencias do modelo de xestión integrada con dirección en Lugo imposto pola Xunta”, lembrou a responsable comarcal do Bloque.
O Hospital da Costa antende a mais de 70.000 persoas e moitas máis en determinadas épocas do ano na comarca mariñá. Precisa de ampliación urxente por obsoleto, falta de espazo e persoal axustado. “As promesas do presidente da Xunta sobre a ampliación do Hospital da Costa véñense repetindo desde fai anos (a primeira foi no ano 2009) cada vez que hai eleccións” polo que “non contan coa credibilidade do persoal sanitario nin da sociedade en xeral da nosa comarca”, dixo Ana Ermida.
O BNG acusa do PP “intentar acalar as protestas da xente e as demandas de mellores servizos sanitarios poñendo en marcha servizos en precario como a Hospitalización a domicilio (HADO), con escaso persoal e incapaz de atender a a toda a comarca, ou o servizo de Oncoloxía, con persoal especializado prestado polo hospital de Lugo”, denuncia o Bloque.
Recortes de médicos en Ribadeo, Cervo, Xove, Burela, Mondoñedo, Foz, Lourenzá, O Valadouro e Viveiro
Na atención primaria sucedéronse os recortes de orzamento para persoal e mesmo material necesario para manter a calidade asistencial. Perdéronse facultativos nos centros de primaria de Ribadeo, Cervo e Xove. Os servizos de pediatría de Burela, Mondoñedo, Foz, Lourenzá, O Valadouro e Viveiro ademais de perder facultativos están colapsados ou atendidos por persoal non especializado. A contestación dos alcaldes do PP diante destes recortes, ou foi tibia ou simplemente non existiu. En contraposición alcaldes do BNG en Ribadeo e Mondoñedo fixeron fronte aos recortes mesmo poñéndose á fronte das mobilizacións sociais ou liderando demandas tan importantes como a do alcalde de Riotorto contra o medicamentazo que fixo frear as aspiracións do PP de aplicar o copago na dispensación de medicamentos na farmacia hospitalaria. “O BNG tanto desde os gobernos como desde a oposición municipal plantou cara durante estes anos ao desmantelamento por inanición da sanidade pública. O PP da Mariña, alcaldes e dirixentes, foron cómplices necesarios e moi útis para as políticas de recorte na sanidade pública e para o proceso privatizador emprendido polo presidente Feijoo desde que chegou ao goberno galego”, denunciou Ana Ermida.
A responsable comarcal do Bloque denunciou que “o orzamento en sanidade primaria para o conxunto da provincia de Lugo viuse recortado nos últimos sete anos nun 7,5%, case 34,5 millóns de euros, que teñen como consecuencia a degradación da calidade asistencial nos centros sanitarios mais próximos á veciñanza, e un profundo malestar e desmoralización entre o persoal sanitario”. A esta situación débese sumar a non substitución por baixas temporais ou vacacións do persoal sanitario, o que provoca acumulación de tarefas en moitos centros de saúde da comarca. “Os veciños e veciñas da Mariña reclaman unha atención sanitaria conforme a unhos parámetros de calidade que todo galego/a debera recibir, non protestamos por vicio”, concluíu Ana Ermida.


















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



