Cervo, 25 de agosto de 2015.- Trinta rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos de idade participaron na terceira edición do Concurso de Talentos celebrado no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, que estivo repleto de público.
A concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, explicou que na terceira edición do Concurso de Talentos “participaron 30 rapaces de 4 a 16 anos de idade. O xurado do concurso estaba formado por tres persoas que se encontraban no público. Este ano os talentos decantáronse pola música, realizando actuacións de violín, tocaron a batería, un grupo que formaron tres rapaces interpretaron unha canción composta por eles mesmos, un grupo de catro nenas bailaron a canción de Sia Chandelier, o máis pequeno, Guille, tocou a pandeireta mentres a súa irma e curmá cantaban a canción de Carolina, houbo numerosos playbacks e bailes, dúas rapazas cantaron e incluso unha de las atreveuse a facelo a capela. E na última actuación os nenos que presenciaban a actuación improvisadamente subiron a acompañar ás bailarinas”.
Dolores García engadiu que “só por participar todos os mozos e mozas levaron unha axenda e os tres primeiros recibiron vales de compra (de 200, 100 e 50 euros), que poderán gastar en calquera establecemento do municipio de Cervo”.
O primeiro premio foi para Alejandro Navarro, de 14 anos e veciño de Madrid, que tocou unha peza con violín. O segundo correspondeu ao grupo de danza contemporánea De Pasiño a Pasiño, composto por Lara Rouco, Lara García, Mafalda Ben e Diana Aguilar, as catro de 8 anos de idade, todas elas de San Cibrao. E o terceiro clasificado foi o grupo de baile e playback formado por Elisa Ramos, de 10 anos; Victoria Ramos, de 8 anos; e Silvia Paleo, de 10 anos, tamén de San Cibrao.
A edil de Cultura e Xuventude destacou que “estivo completo o aforo do auditorio da Casa da Cultura e o Concurso de Talentos é unha actividade que ano tras ano vai collendo máis forma; os rapaces mostran o seu talento, o cal hai que valora, e aínda por enriba fano moi ben todos. O público participa e vive as actuacións e o máis importante é que os talentos perden o medo no escenario diante do público e do xurado, participan, séntense cómodos e pásano moi ben. Ao rematar o concurso xa estaban preguntando cando será o próximo. E aínda que só levaran premios tres actuacións puidemos comprobar que no concello de Cervo hai moito talento”.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



