Santiago de Compostela 29 de setembro de 2015.- Tras unha intensa campaña de recollida de máis de 11.000 sinaturas acompañada de actividades de difusión e debate da obra e figura de Castelao ao largo e longo de Galiza, a ILP sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego foi debatida este martes no Parlamento galego que debía decidir sobre a súa toma en consideración.
O obxecto da ILP era “impulsar as actividades a desenvolver pola Xunta de Galiza para difundir e pór en valor a obra e figura de Castelao”, incluíndo accións polos poderes públicos como a catalogación de toda a súa obra, a procura de acordos ou convenios de cesión da súa obra cos diferentes proprietarios; a definición dun espazo museístico apropriado para a exposición da súa obra; a introdución de forma transversal da súa obra no sistema educativo; o espallamento a través do audiovisual; ou a dixitalización e posta en coñecemento a través de internet. Ademais propuña o traslado a Galiza desde Buenos Aires do cadro “A derradeira lección do mestre” actualmente en condicións de inaccesibilidade, para ser contemplado coas debidas grantías de protección e seguridade.
A proposición de Lei foi defendida na cámara pola presidenta da federación de asociación culturais Galiza Cultura, Pilar García Negro que foi acompañada desde a tribuna de convidados por representantes da Comisión Promotora, da CIG-Ensino, AS-PG, Fundación Castelao, A Mesa pola Normalización Lingüísitica, xunto con asociacións culturais como Vagalumes da Estrada ou O Galo de Santiago.
Pilar García Negro lembrou na súa intervención que Castelao” foi un dos primeiros socios das Irmandades da Fala, cuxo centenario celebraremos o ano próximo”. Ademais do artista polifacético no debuxo, na ilustración, na pintura de grande formato, nas estampas e viñetas, como escritor profisional, lembrou tamén o pensador “que compón ese libro de libros que é Sempre en Galiza, onde se concentran as razóns do noso devir histórico, da restauración da nosa conciencia como galegos e do dereito a un futuro como povo”.
Lembrou tamén García Negro que Castelao “se preocupou de resgatar o Estatuto plebiscitado no 28 de Xuño de 1936 e que conseguiu que tomase estado parlamentar na sesión de Cortes celebrada en Montserrat o 1º de Febreiro de 1938”. “Grazas a aquela xestión, señorías, existen este Parlamento ou a propria Xunta na actualidade” afirmou a presidenta de Galiza Cultura.
Para García Negro “Toda esta riqueza, toda esta entrega patriótica, unha obra proteica e densa de máis de trinta anos da súa vida, merecen ser coñecidas, xulgadas e interpretadas polos seus descendentes, por nós, as galegas e galegos de hoxe, pois é unha obra cargada de futuro, que nos interpela a cada paso nos grandes conflitos do noso tempo”.
Por tiodo iso pediu “que a Xunta de Galiza se implique na catalogación e difusión de toda a súa produción artística, que acada miles de pezas; que ela, esta obra, dispoña dun espazo de dimensións e natureza adecuadas á súa contemplación integral; que poda vir á Galiza o seu lenzo “A derradeira lección do mestre”, recluído en Buenos Aires; que no ensino, e de forma transversal, se estude e difunda a súa figura en toda a súa riqueza e fecundidade; que os meios de comunicación de titularidade pública, así como todas as vías posíbeis de difusión nas redes sociais, atendan á divulgación da súa obra; que se proceda a concertar todas as partes -persoas e institucións- para restaurar e sinalizar os espazos relacionados coa vida de Castelao”, para sinalar a continuación que a dedicación apra 2016 de Castqalao como figura homanxeada no Día da Arte Galega a instancias da Real Academia de Belas Artes, sería una moi boa oportunidade para celebrar Castelao con feitos e “non só con reverencias caducábeis”.
A portavoz da Comisión Promotora insistíu en que se Castelao “non debe ser “patrimonializado” por ninguén, como adoito se repetiu, dése a coñecer, difúndase masivamente sen censuras, permítase valoralo e xulgalo libremente, como fan decote as culturas que se estiman a si mesmas e interactúan constantemente cos seus vultos principais”.
A ILP contou co voto favorábel do Grupo Mixto, BNG, AGE, e PSdG-PSOE mais finalmente non puido continuar ante a negativa do Partido Popular a que a Xunta tome responsabilidade na obra de Castelao para difundila e pola a disposicón do pobo galego.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



