Dende a primeira locomotora a vapor que circulou sobre raíles, presentada en 1802 polos ingleses Trevitink e Vivian, que dous anos mais tarde fixeron unha demostración sobre unha vía mineira de 15 km. de longa, logrando mover unha carga de 10 Tm.de ferro e 5 coches con 70 pasaxeiros, a unha velocidade aproximada de 8 Km./hora, ata a actualidade en que o AVE acada os 300 Km,/hora, a historia do ferrocarril, como a de tódolos avances técnolóxicos da Humanidade, é unha sucesión dos mais contradictorios avatares polos que se manifestan as grandezas e as miserias do home..
A aparición do ferrocarril, que se amosaba como o grande recurso para o desenvolvemeto dos pobos, espertou a avaricia das crases pudentes: os capitalistas e os políticos; aquéles porque vían nel un bó futuro para as súas inversións e éstes- os políticos- unha arma importante para gañar os votos dos cidadáns, xa fose erixíndose en defensores da súa implantación ou opoñéndose á mesma, en función do sentir dos veciños dos respectivos distritos á búsqueda do voto destes para o seu respectivo talego. Esta actitude, sempre lamentablemente presente na crase política, diu lugar ás mais soprendentes situacións, e os cidadáns de a pé dividíanse tamén en dous sectores: aqueles que saudaban entusiasmados a aparición do tren en canto que medio de comunicación que racharía co tradicional illamento da nosa terrra – Curros Enriquez na chegada da primeira locomotora a Ourense, dixo : “Por onde ela pasa / fecunda os terreos,/ espértanse os homes, / florecen os eidos” e con evidente énfase chamou á mesma “ o Cristo dos tempos modernos”, en alusión a que sería quen de facer o milagre da revolución social e económica (os “progresistas”)- e aqueles outros que vían no artefacto que cruzaba as bucólicas leiras como un inimigo da paz e do benestar que se respiraba en plena natureza virxe.
O proxecto do ferrocarril Ferrol-Xixón é moi antigo, pois en 1883 o goberno, principalmente con fins militares, para unir os centros industriais e carboníferos de Asturias coa base naval de Ferrol, dispuxo o estudo dun ferrocarril que pasase por Luarca e Ribadeo.
O tren chega a Galicia con moito retraso, como ven sendo endémico na nosa terra con canto signifique progreso e modernidade. A nivel do estado o primeiro “boom” prodúcese de 1855 a 1865 que se abren a maioría das liñas radiais, pero Galicia queda á marxe: habería que esperar a 1873 para inaugurar a primeira liña galega: o tramo Santiago a Carril. Este retraso obedece a unha serie de circunstancias ás que non foron alleas as loitas localistas e por suposto ós nefastos intereses dos políticos, feitos éstes que seguen producíndose nesta sociedade en pleno S. XXI.
Luis Moure Mariño conta nun dos seus libros, cómo un destes (un político da época) con forte implantación en determinada zona do interior da provincia opúxose a que pasase pola localidade cabeceira da mesma alegando que “queimaba as cosechas”, o que levou a un importante retraso na súa execución; a que se construisen dúas pontes innecesarias no trazado racional e que a estación se ubicara en poboación de menor entidade que a capital do concello; circunstancias que produciron graves perxuizos á bisbarra ó longo da historia.
No pleno do día 8 de xaneiro de 1903, o concello de Foz adheríase á petición do alcalde de Vegadeo, para colaborar a resolver os atrancos que impedían a pronta realización das obras, así como a cantas medidas con ese fin tomase o alcalde da Veiga, promotor da iniciativa. O semanario “Mondoñedo”, do 25 de maio de 1908, noticiaba: “el pasado día 17, cumpleaños de S.M el Rey publicó “La Gaceta” el concurso de proyecto de varios ferrocarriles, entre ellos el de Gijón-Ferrol que es de importancia capital para esta comarca”. Ata 1926, debido á vontade de Primo de Rivera, non empezan os traballos, suspendidos en 1931, para voltar despois da gerrra civil. Preto de cen anos despois dos primeiros estudos ponse en servizo o último tramo Vegadeo-Viveiro.
E así estamos dende entón na Mariña. Iste pode ser o claro expoñente do que é o desenvolvemento e modernidade dos medios de comunicación dunha comarca de recoñecido potencial humano e económico, ateigada de políticos de probada ineficiencia que segue, a día de hoxe, anclada na prehistoria dos camiños de ferro.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



