Barreiros, 12 de abril de 2016. O grupo municipal do BNG en Barreiros solicitou no último pleno que o goberno municipal se dirixa ao goberno central para pedir unha nova revisión catastral na que os valores que se poñan aos inmobles se rebaixen, adaptándoos á actual situación ecónomica e ao valor real en función da ubicación dos mesmos.
A petición do grupo nacionalista vén motivada pola “excesiva carga que está supoñendo o Imposto sobre Bens Inmobles no concello de Barreiros, que ademais é un dos concellos da provincia co tipo impositivo máis alto”, lembran desde o BNG.
A portavoz municipal do BNG en Barreiros insiste en que “esta cuestión é prioritaria para o grupo municipal nacionalista, pola incidencia que ten sobre a poboación. Por iso esta iniciativa preséntase para complementar a xa debatida e aprobada o ano pasado e que goberno municipal aínda ten pendente de executar”. Refírese á rebaixa do tipo impositivo -que marca o concello e determina o imposto sobre os inmobles- que debe realizarse tras adoptarse un acordo unánime da corporación, promovido polo BNG, que pedía rebaixalo para tentar paliar as continuas subidas de impostos que soportan as veciñas e veciños de Barreiros”.
Nesta nova iniciativa defendida no pleno do pasado luns, o BNG pide ao goberno municipal que se dirixa ao goberno central “demandando expresamente unha revisión á baixa dos valores catastrais dos inmobles, rebaixándoa e adaptando o valor catastral ao valor real.”
Segundo explica Ana Ermida “a revisión catastral que se fixo en Barreiros foi tomando uns valores dos bens que non se axustan á realidade actual. Tomáronse como referencia os datos de épocas boas e igualáronse en todo o concello, dándose un valor excesivo en todos os casos; pero especialmente na zona rural, onde calquera pendello é calificado como inmoble cun valor moi superior ao real.”
“O prexuízo que xenera esta cuestión non se refire só ao pago do imposto que, en moitos casos –entre o novo valor e a regularización realizada o ano pasado- chegou a triplicar o seu importe; senón que afecta tamén a cuestións como os impostos que se deben pagar en caso de herdanzas e transmisións ou, incluso, especialmente na zona máis rural -onde a recente regularización incluiu no IBI todo tipo de construccións ou pendellosque contabilizan como patrimonio- desvirtuando a realidade e afectando ás propias explotacións e familias á hora de acceder a axudas públicas, xa que consta un valor patrimonial moi alonxado da realidade.”
O grupo nacionalista plantexou esta cuestión coma un rogo, oralmente, ao goberno municipal no pleno de marzo e teñen previsto a presentación da mesma inciativa para o seu debate no seguinte pleno e acadar un posicionamento da corporación que permita que se aplique unha revisión dos valores á baixa, tendo en conta a realidade económica actual e a diferente valoración dos inmobles en función da súa ubicación.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



