24 de maio de 2016.- A derradeira xornada da tempada de Billarda da conferencia NorLeste, disputouse como ven sendo norma en Remourelle, non sin antes cumprir co rito do xantar conxunto na Taberna de Lola. A serpe multicolor da LNB ten por seo e fai norma do dito “para darlle ó garabullo, primeiro hai que enche-lo bandullo”.
Así pois xantar de festa, rematado cunhas apuradas cántigas que precederon ao comezo das carreiras.
O título por equipos xa tiña dono: Billardeiros Musicais de Ribadeo eran os amos da coroa dende xornadas antes e remataron en Remourelle acadando 93 puntos dos 100 posibles (récord de puntos da tempada, batendo a marca de 86 que tiña O Cadaval dende a segunda xornada).
De igual xeito Geni (compoñente do equipo campión), xa tiña grabado o seu nome no trofeo a mellor dona clasificada, dominou toda a tempada de principio a fin.
No ar estaban ainda os títulos de “campión individual absoluto” e o de “campión de varados” con varios palanadores as portas tanto de un como do outro.
No absoluto Daniel partía con lixeira ventaxe, bastáballe con facer o mesmo que os seus seguidores. Na primeira carreira tivo un erro que lle costou un punto, mais tamén Regueiro se deixou dous na mesma carreira e so Pepe de Outeiro apuraba as súas opcións. Nembargantes nas seguintes trocou o conto, Daniel fixo pleno nas catro restantes no seu grupo e no grupo de Regueiro e Pepe Outeiro, as cousas non pintaban tan ben e foron esmorecendo as esperanzas a par que o barruzo iba in crescendo ata nos poñer como pitos antes de rematala xornada.
Con todo o pescado vendido e Daniel como Campión Absoluto, quedaba so ver como iba a clasificación en varados donde Markytos, Pepe de Outeiro e Santi, alcanzaron os dous que comandaban a táboa (Tonecho e Tomás) de tal xeito que tiveron que xogarse o título nunha quenda de cinco lanzamentos cada un para desfacer o empate.
Con dous varados por un dos contrincantes, saiu gañador Markytos que puxo a coda nesta sinfonía completa dos Billardeiros Musicais.
E mentres todo o mundo estaba pendente dos posibles campións, nun dos grupos estaba Rubén facendo estragos; gañou as cinco carreiras e fixo un pleno que o levou ao mais alto do podio facéndose co Aberto e polo tanto gañador da xornada e amo do “coello de Suso”. Iste rapaz de impresionante progresión leva catro podios seguidos e remata a tempada no mais alto. Si ten algo de sorte pode darnos unha sorpresa nos nacionais de Santiago do vindeiro domingo.
E xa para rematar a faena, o segundo e terceiro posto do aberto quedou tamén en poder dos de Ribadeo, Manolo Pozo quedou segundo relegando ó terceiro caixon nun desempate ao xa campión da tempada Daniel.
De mans de Lucia (Taberna de Lola), recibiron os gañadores do aberto o coello para o gañador así como sendos dibuxos do roedor saidos das artísticas mans de Suso de Remourelle e unha botella cariñena reserva para o equipo.
En representación do Concello de Ribadeo (ao que dende aquí agradecemos que unha vez mais fora o patrocinador dos trofeos), Vicente Castro fixo a entrega aos campións da tempada 2015.2016.
As clasificacións finais quedan asi:
Campión individual absoluto:
Daniel (Billardeiros Musicais) con 207 puntos.
2º Regueiro (Troitas Bravas) con 196 p.
3º Pepe de Outeiro (O Cadaval) con194 p.
Dona mellor clasificada:
Geni (Billardeiros Musicais) 147 p.
2ª Lola Eiras (Extensión biollarda) con 78 p.
3ª Lucia (Remourelle Bulls) con 70 p.
Campión Varados: Markytos (Billardeiros Musicais)
Campión equipos: Billardeiros Musicais de Ribadeo con 861 puntos.
2º O Cadaval de Castro de Rey con 710 p.
3º Troitas Bravas de A Pontenova con 576 p.
E so remata finalizar a tempada ca disputa en Santiago de Compostela, o vindeiro domingo 29 de maio, dos Play Off finais para coñecer os “donos da billarda e campións nacionais 2016”. As conferencias do NorOeste, Sur e Rías Baixas agardan por nos. Imos a por todas. Billarda sempre e adiante co Varal!





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
