Santiago, 3 de xuño de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, apostou este venres por reforzar a cultura emprendedora na escola, promovendo a innovación e a creatividade dos nenos e nenas, e favorecendo tamén o contacto directo do alumnado co tecido produtivo que os rodea. Estes tres eixes forman parte dos obxectivos que persegue o programa ‘Atrévete’, desenvolto pola Consellería para estimular o espírito emprendedor dos estudantes desde idades mozas, posto que se trata dunha iniciativa orientada a 5º e 6º de educación Primaria e a 1º e 2º de ESO.
Con motivo da entrega de premios do certame ‘Atréve a ter unha idea!’, posto en marcha ao abeiro do dito programa, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu o traballo dos alumnos e alumnas premiados –que estendeu a todos os participantes na actividade– e a implicación do profesorado, así como das familias e das empresas colaboradoras por contribuír á formación dos mozos e mozas. Trátase, en palabras do conselleiro, dunha mostra de traballo conxunto para fortalecer o emprendemento desde as aulas.
Ademais do conselleiro, na entrega de premios tamén participou o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.
Visitas a empresas e CIFP
O programa ‘Atrévete’ ten dúas partes. Por un lado organízanse visitas a empresas e a asociacións de empresarios, para o alumnado de ESO, e visitas a CIFP –onde un empresario da zona ofrece unha conferencia aos asistentes– para os estudantes de Primaria. A maiores desta experiencia, a segunda parte do ‘Atrévete’ consiste en buscar unha idea de negocio e redactala como máximo en dous folios. Precisamente, os galardóns que hoxe se entregaron recoñecen as mellores propostas deste curso en cada zona.
Galardoados por cada zona
Deste xeito, na área da Coruña resultaron galardoados José Luis Martínez Rojo, do CEIP Xesús San Luís Romero, de Carballo; e Clara Brage Amado, do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, de Monfero, ámbolos dous da categoría de 6º de Primaria. Na de 2º de ESO recolleron o seu premio Juan Vázquez González, do CPR Plurilingüe Andaina, de Culleredo; e Martín Regueiro Golán, do CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda. Nesta área, a iniciativa contou coa colaboración do CIFP Someso e da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo e coa participación de 11 centros educativos.
Na zona de Ferrol –na que cooperaron o CIFP Ferrolterra e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra e participaron 6 centros educativos– foron premiados, na categoría de 6º de Primaria: Sofía Sixto Pérez, do CEIP Recimil de Ferrol; e Adrián Martínez Tornín; do CPI A Xunqueira de Fene. En 2º de ESO, as galardoadas foron Marta Fernández Feijoo e Paloma Eiroa González, do IES Fernando Esquío de Neda.
Pola área de Pontevedra recolleron o seu galardón María Almeida Rodríguez e Ana María Magallanes Carrera, ámbalas dúas do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño; e, no referente á categoría de 2º de ESO, Claudia Villar Arias e Laura Pérez Paz, as dúas do CPR Mercantil de Vigo. Neste caso, participaron 15 centros, o CIFP Manuel Antonio e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Pola súa banda, na zona de Santiago foron premiados Jesús Jiménez Jiménez e Mario Boquete Ponce de León, ámbolos dous do CEIP Apóstolo Santiago; e David Blanco Costa e Carlota Miranda Rodríguez, do CPI de Bembibre de Val do Dubra. Nesta ocasión colaboraron o CIFP Politécnico de Santiago e a Asociación Área Empresarial do Tambre, así como 11 centros.
En Lugo, onde participaron 8 centros e se contou coa colaboración do CIFP Politécnico e a Confederación de Empresarios, resultaron galardoados Eva Díaz Vilaboa, do CEIP Anexa de Lugo; Ana Gómez Fernández, do CEIP Plurilingüe da Pontevova; Bárbara Gallardo Méndez, do IES Marqués de Sargadelos de Cervo; e Alejandro Muñoz Seoane, do IES Muralla Romana de Lugo.
Por último, na zona de Ourense recolleron o premio Marta Nieto Rodríguez e Ignacio Delgado Zamora, ámbolos dous do CEIP Plurilingüe de Seixalbo de Ourense; así como Cristian Soto Iglesias do IES O Ribeiro, de Ribadavia. Nesta iniciativa participaron 7 centros e colaboraron tanto co CIFP A Farixa como a Asociación de Empresarios do Polígono de Barreiros.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



