Estrasburgo, 13 de decembro do 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este luns pola noite no pleno do Parlamento Europeo, que se celebra até o xoves en Estrasburgo, a posta en marcha de políticas lingüísticas que permitan a recuperación e a normalización do idioma galego.
Durante a quenda na Eurocámara de intervencións libres dun minuto sobre asuntos políticos importantes, Senra tomou a palabra para saudar o chamado Protocolo de Donostia, Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, e defendeu que as nacións sen Estado, como é o caso da Galiza, “precisamos de instrumentos para que os nosos Gobernos cumpran os compromisos e tamén os acordos internacionais para garantir os dereitos lingüísticos”. O Protocolo de Garantía dos Dereitos Linguísticos, ou Protocolo de Donostia, que será presentado este próximo sábado, 17 de decembro, en Donostia, é un documento elaborado a través dun proceso particiativo que contou coa aportación de axentes sociais de toda Europa que se ocupan da recuperación das linguas invisibilizadas, das línguas minorizadas e das línguas minoritarias. En definitiva das línguas en situación de desventaxa.
No pleno do Parlamento Europeo, a europarlamentaria galega referiuse aos dereitos lingüísticos como dereitos humanos tamén, e denunciou que son os propios gobernos da Galiza e do Estado español os que están a “atacar a nosa lingua”. Neste sentido, Lídia Senra criticou a aprobación por parte da Xunta de “decretos como o que reduce a presenza do galego no ensino e prohibe expresamente que se impartan en galego materias como as Matemáticas, a Tecnoloxía ou Física e Química”. A maiores, dixo, “a nova Lei de Educación do Estado español agrava aínda máis esta situación”. Por iso, acusou a ambas as institucións de estar a “vulnerar claramente, entre outros, o estipulado no artigo 8 de Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”.
“É preciso actuar, e xa, para garantir os dereitos lingüísticos. Queremos o recoñecemento da nosa lingua e poder expresarnos nela tamén neste Parlamento”, exclamou Lídia Senra, que tamén demandou “compromisos para incrementar os orzamentos das políticas lingüísticas así como o apoio á produción cultural na nosa lingua, á súa produción e á súa distribución”. “Son necesarias políticas lingüísticas que garantan a recuperación e normalización do galego en todos os ámbitos”, concluíu.
Segundo os datos do censo de poboación e vivendas do Instituto Nacional de Estatística (INE), debullados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), as persoas que din falar sempre en galego caeron 13 puntos e xa non son maioría. No anterior estudo, o 57% da poboación tiña o galego como lingua de uso cotián e o 39% sinalaba que o empregaba ás veces e o 13% nunca. Unha década despois, os e as falantes habituais de galego pasan de achegarse ao 60% a non acadar nin o 45%.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



