Burela 31-3-17. Os diferentes sistemas de atención ao alumnado con necesidade de reforzo educativo foron expostos e valorados no decurso dun evento celebrarado na mañá deste venres, día 31 de marzo, no IES Perdouro de Burela.
A través da tecnoloxía dixital, tomou a palabra Paulo Vilar, docente en prácticas no Instituto de Rodeira, en Cangas do Morrazo. Vilar respondeu por este medio as consultas que un grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO lle fixeran chegar individualmente en mensaxes de correo electrónico.
Outra das convidadas, Natalia Riego Arredondas -especialista en docencia de Español como segunda lingua, con Mestrado nesta materia pola Universidade de Oviedo e docencia no IES El Pando da capital do Principado- falou da súa experiencia como estudante de Mestrado especializada no ensino de Español para persoas estranxeiras (Universidade de Oviedo) e fixo unha commparativa entre as súas experiencias docentes no IES El Pando, de Oviedo; e no IES da Pontenova. “Na Universidade de Oviedo existe profesorado con moita experiencia e moito prestixio no ensino das segundas linguas. Por iso recibín unha formación moi boa -asegurou-, que me serviu de grande axuda para superar con éxito a fase de prácticas con alumnado procedente de Marrocos, Senegal, Gambia, China, Brasil e aínda outros diversos países. Nese centro, as aulas de inmersión lingüística contemplaban unha atención específica a ese alumnado de vinte horas semanais, catro diarias, durante un período de tres meses, que habitualmente eran prorrogados por resultaren insuficientes para alcanzar a fluidez comunicativa”.
Pola súa parte, o filólogo e tradutor Gabriel André comentou que escolleu Burela como lugar de realización das súas prácticas docentes do Mestrado da Universidade de Vigo por dúas razóns: a existencia dunha alta porcentaxe de poboación migrante; e “porque no IES Perdouro existen diversas modalidades de atención específica ( PEMAR; Agrupamentos Específicos; Reforzos; e Agrupamento de Atención a Alumnado Estranxeiro) que supoñen unha referencia non só a nivel local”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



