Lugo, 17 de abril de 2017. A Xunta de Goberno aprobou este luns a solicitude da Sociedade Club de Caza e Pesca da Fonsagrada de ampliación no prazo de funcionamento do primeiro centro público en Galicia de despece de carne cinexética, que construíu e equipou en solitario o Goberno da Deputación na localidade fonsagradina con máis de 600.000 euros.
O Deputado de Cooperación cos Concellos e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, explicou que o único pendente para pór en funcionamento estas pioneiras instalacións é a concesión por parte da Xunta de Galicia dos permisos de Sanidade e Medio Ambiente. Por este motivo, a Sociedade Club de Caza e Pesca pediu dita ampliación ata o 31 de decembro no prazo para a posta en marcha do centro.
O Goberno da Deputación construíu o centro con 264.000 euros. Fíxoo nunha finca de 800 metros cadrados, situada na rúa Rodas da Fonsagrada. Logo achegou outros 3520.000 euros á adquisición e instalación do equipamento especializado para o despece, almacenaxe, conxelado ou embalaxe da carne.
O inmoble, que supera os 500 metros cadrados, divídese en dúas plantas de 253 metros cadrados cada unha delas. Na planta baixa conta cos medios necesarios para desenvolver os traballos de despece e no semisótano os do seu posterior tratamento, pois conta con cámaras de conxelación de 25 metros cadrados, de embalaxe de 45 metros cadrados ou dunha zona de venda ao público de 13 metros cadrados.
É o primeiro centro público de despece de produtos cinexéticos de Galicia xa que, na actualidade, só existe un de características semellantes no coto de Xares, en Ourense, que é privado. A súa xestión correspóndelle a dita sociedade de cazadores da Fonsagrada, que conta con máis de 500 socios, tras o convenio de colaboración que o Goberno da Deputación asinou coa mesma.
Trátase dun proxecto que busca impulsar a economía e o emprego coa comercialización de produtos cinexéticos para o que se está a desenvolver un selo de calidade e de marca propia. Hai que ter en conta que só na Fonsagrada se cazan 500 xabarín ao ano polo que se entende que este é un sector pouco aproveitado ata o momento e con moitas oportunidades económicas para a provincia de Lugo.






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



