Ribadeo, 12 de maio de 2017. Mañá sábado da comezo a XII edición do Ribadeo de Tapeo na que participan 52 establecementos hostaleiros, que ofrecerán as súas elaboracións en miniatura ao prezo de 1,50 euros. Esa é unha das novidades desde 2017 xunto á elección das tapas gañadoras, que decidirá un xurado profesional o 22 de maio no hotel restaurante Voar. A entrega de premios do Ribadeo de tapeo celebrarase o 3 de xuño no Teatro ás 19:00 horas e contará coa actuación dos grupos participantes na II edición dos Cantos de Taberna.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, manifestou que “a partires de mañá, sábado 13, e ata o domingo 21, será de novo esta cita gastronómica en Ribadeo coa que xa van doce anos. De novo Ribadeo será o epicentro gastronómico dos sabores en miniatura da Mariña e do occidente asturiano. Eu creo que se algo tamén nos define aos de Ribadeo e por extensión a este Ribadeo de Tapeo é o carácter acolledor, esa sensación de compartir e de gozar entre amigos tomando algo e charlando, o que contribúe a reforzar os lazos e o bo facer entre amigos e amigas”.
A edil salientou que “este ano son 52 os establecementos que nos ofrecen durante nove días a súa creatividade, o bo facer, compoñendo miles de tapas como todos os anos, que se poderán degustar tanto na vila como nalgúns dos establecementos da parroquia de Rinlo e tamén en San Xulián”.
Ana Martínez dixo que “arredor destas tapas poderemos gozar non soamente dos sabores senón tamén das sobremesas culturais que este ano veñen cargadiñas de actividades. En colaboración coa Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Música e Danza teremos tamén actividades, coa Concellería de Cultura e tamén con algunhas outras asociacións. Así mañá, sábado 13, haberá no Teatro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, clases para bailar swing e a partires das once da noite no mesmo Teatro teremos tamén un concerto. Isto será un pouco extensivo aos locais nocturnos onde haberá nalgúns deles tamén festas tipo swing”.
A concelleira de Turismo resaltou que “o 22 de maio será unha das novidades que se introducen este ano no Ribadeo de Tapeo é a selección do xurado profesional á que van concorrer 22 establecementos dos 52 que se apuntaron ao tapeo no seu conxunto, e de aí sairán as tres tapas gañadoras do xurado profesional”.
Para a edil nacionalista “o público é un xurado importantísimo que este ano cobra unha relevancia fundamental porque vai votar esa tapa gañadora a través das tarxetas que a partir de hoxe pola tarde se van deixar nos establecementos participantes. Polo tanto eu creo que é importante probalas todas, animarse a percorrer todas esas zonas que están definidas no Ribadeo de Tapeo e a gozar das 52 tapas para poder elixir esa tapa gañadora do público e ademais optar aos premios que se porán en xogo”.
Ana Martínez quixo “agradecer dunha maneira moi particular aos establecementos colaboradores que doaron diferentes cenas, entradas para bailes, botellas de viño, diversos premios que serán os que se darán para o público que recorrerá o Ribadeo de Tapeo. Como todos os anos o libriño que acompaña ao tapeo estará dispoñible nos establecementos participantes a partir de hoxe mesmo pola tarde, no que a xente xa poderá ir vendo as tapas e ir marcando as súas rutas”.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo engadiu que “contamos cunha páxina web que neste momento xa está activa e en funcionamento onde xa se poden ver as tapas, tapeo.ribadeo.gal. Tamén temos as aplicacións ribadeodetapeo ou ribadeogastronómico, e a máis xenérica na que entran diferentes concursos de toda Galicia que é quedamosdetapas”.
Martínez rematou a súa intervención sinalando que “hai moita calidade, a xente esmérase e durante o ano está pensando xa cal vai ser a tapa para o ano seguinte. Ademais Ribadeo de Tapeo ten un programa que é os Soños Gastronómicos no que hai diferentes establecementos que durante estes días fan ofertas especiais para que a xente poida vir gozar do tapeo dun xeito económico. Así que convidarvos a todas e todos a vir pasar con nós estes nove días, e gozar do traballo dos nosos e das nosas cociñeir@s, que realmente son os protagonistas, os que levan traballando durante estes días previos para organizarse e durante estes nove días fan un esforzo importante para que gocemos da gastronomía da zona”.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



