Lugo, 24 de outubro de 2017. As Deputadas Mayra García Bermúdez, Sonsoles López Izquierdo e Pilar García Porto, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto González, xunto á profesora María Isabel Fernández García, presentaron este martes, no obradoiro do libro do Centro de Artesanía e Deseño, Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Trátase do libro editado polo Executivo Provincial a través do Servizo de Publicacións, que recolle a vida e obra desta lucense a través de fotografías, recortes de prensa e documentos. Manuela Barreiro Pico foi a primeira muller en acadar o título de Bacharelato no instituto de Lugo, en 1896; a primeira matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, en 1896; e a primeira licenciada en Farmacia en Galicia e sétima de España, no ano 1900.
García Bermúdez destacou que “Manuela Barreiro Pico foi unha pioneira na loita dos dereitos de todas as mulleres e en abrir camiño nos estudos universitarios, que hoxe en día cursan multitude de mulleres, pero que na sociedade que lle tocou vivir tivo que combater contra os convencionalismos, trabas e restricións da época. É un orgullo para todos os veciños da provincia, e sobre todo para a Comarca da Mariña, que esta ribadense, fora a primeira muller en estudar na Universidade de Santiago de Compostela e se introducira na actividade profesional a través da farmacia”.
A Deputada de Recadación e Facenda agradeceu o importante labor e o traballo monográfico da profesora María Isabel Fernández “xa que esta obra, axúdanos a poñer en valor e recuperar do esquecemento a figura desta muller valente, emprendedora e sen complexos”.
Ribadense destacada
Manuela Antonia Barreiro Pico naceu en Viveiro o 5 de xullo de 1887, aínda que a súa vida transcorreu no Concello de Ribadeo, onde o seu pai era mestre. Estudou ensinanza primaria na escola de nenas de dita cidade e preparou o Bacharelato no colexio de S. Luis. Esta ribadense foi a primeira muller en acadar o título de Bacharelato no instituto de Lugo, en 1896; a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, en 1896; e a primeira licenciada en Farmacia en Galicia e sétima de España, no ano 1900. Para realizar os estudos universitarios tivo que solicitar numerosos permisos mentres que os homes o podían facer sen ningún tipo de problema. Abriu a súa farmacia en Ribadeo no ano 1901, co nome Farmacia Moderna, sendo noticia en numerosos diarios de prensa galegos. Traspasaría a súa farmacia en 1931, despois de 30 anos de profesión. Morreu en Madrid o 29 de xaneiro de 1953.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.



