LUGO, 25 de setembro de 2017.- O Partido Popular celebra a inscrición de SUPLUSA no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), demostrándose así que este Grupo tiña razón cando comezou a impulsar a modificación dos estatutos. E é que este cambio regulamentario foi decisivo para que este proceso se puidese levar a cabo, así como para que a Deputación, a través desta Sociedade, poida abrir as residencias que ten proxectadas na provincia.
A notificación desta inscrición prodúcese logo de que o PP lograse o mes pasado que o Consello de Administración de SUPLUSA acordase iniciar a tramitación do expediente correspondente para tal fin e do cambio na presidencia de SUPLUSA, que tamén veu motivada pola referida modificación estatutaria.
Por tanto, foi a partires de que, unha vez que Darío Campos deixou a presidencia, se puido avanzar neste proceso. Esta cuestión leva aos populares a valorar positivamente a substitución do actual presidente da Deputación polo vicepresidente primeiro, así como a concluír que, dado o suceder dos últimos feitos, se pon de relevo que o titular provincial “non quería a modificación dos estatutos e, en consecuencia, abrir os centros que están en condicións de comezar a ofrecer o servizo para o que foron construídos”. Precisamente, esta parálise e os continuos enredos por parte de Campos levou incluso aos populares a ter que defender a súa postura xudicialmente.
“Parece mentira que fose necesario para poder avanzar respaldar o asunto na vía xudicial e incluso que o Grupo Socialista, que gobernou durante anos a Sociedade, aceptase respectar os dereitos dos traballadores de SUPLUSA. Grazas á presión do Partido Popular e ás iniciativas que levamos a cabo por fin se puxeron en marcha as directrices que garantirán a posta en marcha das residencias e velar polos dereitos dos traballadores”, remarca Elena Candia.
A este respecto, tamén se pon de manifesto que os feitos deixan claro que o único interese que movía aos socialistas era “estar na Sociedade para torpedear o seu funcionamento e que só lles interesou este proxecto para facer política, pois claramente se pode concluír que nunca tiveron intención de abrir as residencias”, sinala a voceira do PP no organismo provincial e membro do Consello de Administración de SUPLUSA.
Reiteradas peticións do PP nos últimos 6 meses
Concretamente, a conselleira de SUPLUSA e voceira do PP Elena Candia e o resto de conselleiros pertencentes ao dito grupo, solicitaron ao presidente da Sociedade durante máis de 6 meses que levase a cabo a tramitación do expediente de inscrición de SUPLUSA no Rexistro Único de Entidades prestadoras de Servizos Sociais.
Precisamente, o feito de non estar inscrita no devandito rexistro durante todo ese tempo imposibilitou a apertura dos centros e, en consecuencia, impediu que os maiores da provincia poideran desfrutar destes servizos ao longo destesmeses.
Concretamente, o PP dirixiuse ao anterior presidente de SUPLUSA nas seguintes datas:
-Escrito da voceira de data 10 de febreiro de 2017 no que pide a Darío Campos que solicite a inscrición da Sociedade Urbanística no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPPS).
-Escrito da voceira de data 21 de marzo de 2017 no que solicitaba ao presidente que declarase a urxencia e se debatese na reunión do Consello de Administración que se celebraba nesa data unha proposta relativa á tramitación do expediente correspondente a dita inscrición.
-Solicitude de data 25 de abril de 2017 de convocatoria extraordinaria do Consello de Administración para tratar a tramitación do devandito expediente.
-Proposta de acordo de 6 de setembro 2017 elevada ao Consello de Administración para que levase a cabo a tramitación do expediente correspondente á inscrición, co fin de que a Sociedade obtivese o recoñecemento como entidade prestadora de servizos sociais por parte da C.C.A.A.
O presidente non atendeu a ningunha das 3 primeiras peticións. De feito, o 1 de xuño de 2017, celebrouse unha reunión extraordinaria do Consello de Administración para tratar este asunto, pero Darío Campos decidiu deixalo sobre a mesa. Foi a raíz da última proposta dos conselleiros pertencentes ao Grupo do PP, realizada o 6 de setembro de 2017, cando o novo presidente levou a cabo a tramitación da inscrición.
Deste xeito, obsérvase que os responsables socialistas da Sociedade durante os últimos 7 anos se desvincularon da súa responsabilidade, a pesares de que, no Pleno de outubro de 2010, se aprobou a encomenda de xestión á Sociedade Urbanística para a construción e xestión de centros de atención a persoas maiores e o equipo de goberno do PSOE afirmaba, precisamente, tal e como se pode ver no extracto da acta, que xa estaba tramitando dito procedemento:
“ …. A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. co obxectivo de poder cumprir a encomenda de xestión da Deputación Provincial e respondendo aos requisitos legais que comporta a construción, posta en servizo e xestión deste tipo de dotacións, está tramitando a súa inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, seguindo as esixencias do Título VIII, Capítulo I da Lei 13/2008 de 3 decembro de Servizos Sociais de Galicia e as súas disposicións de desenvolvemento, que actualmente segundo a súa Disposición Transitoria Segunda, serán aquelas que desenvolvían a Lei 4/1993….. “.
Folla de ruta
Unha vez notificada a inscrición, dende o Grupo Provincial adiantan que “non se conforman” e que pedirán unha reunión co novo presidente para que este concrete a folla de ruta inmediata para a apertura daqueles centros que están xa construídos pero que non puideron abrir as súas portas por mor dos atrancos ocasionados pola xestión do actual titular provincial.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



