Mondoñedo, 26 de outubro de 2017. A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, valorou esta mañá que o Consello da Xunta de Galicia aprobase a declaración do Mercado Medieval e da Semana Santa como Festas de Interese Turístico de Galicia. A rexedora defende que “se está ante unha distinción gañada polos mindonienses que se implican de xeito moi especial na organización destas dúas citas”.
Candia asegura que a Xunta de Galicia está a recoñecer o esforzo tanto público como privado para celebrar estes dous eventos que constitúen “o fortalecemento da nosa cultura e da nosa historia, e que serven de reclamo turístico e transmiten as sensibilidades da nosa cidade”.
Así, a popular tivo palabras de agradecemento para “tanta xente, veciños e voluntarios, grazas aos que ano tras ano podemos celebrar estas dúas citas, que dende as administracións temos a obriga de coidar, promocionar e facer medrar”.
A rexedora de Mondoñedo tamén precisou que os mindonienses “xa coñecíamos e defendíamos o valor destas dúas celebracións, que serven de reclamo turístico e transmiten as nosas sensibilidades, e agora recoñéceo Galicia”. Ademais, para Candia, o feito de dalas a coñecer “é un acto de xustiza”.
Dende o Goberno local defenden a necesidade e a importancia de promocionar e “dar a coñecer o noso” e con este obxectivo están a traballar dende a administración municipal, implicándose en poñer en valor estas dúas celebracións, tanto a través da súa organización como facendo as xestións oportunas para que estas celebracións fosen declaradas de Interese Turístico de Galicia.
A Semana Santa de Mondoñedo e o Mercado Medieval
A alcaldesa destaca da Semana Santa, organizada pola Venerable Orde Terceira en colaboración co Concello de Mondoñedo ademais doutras entidades locais, a súa “antigüidade e singularidade, ademais de que ofrece características de gran beleza, como son a celebración do Vía Crucis cara o Mosteiro dos Picos xunto a unhas procesións moi participativas e recollidas, nas que destacan pezas pola súa antigüidade como unha Cruz do século XII e mesmo tallas do século XVII e XVIII”. De igual modo, Candia valorou a importante participación da xente, xunto á solemnidade das imaxes e o valor das mesmas.
En canto ao Mercado Medieval, a rexedora lembra que “estamos ante 25 anos nos que se está a medrar na posta en valor do noso pasado medieval”. Así, durante a fin de semana do mes de agosto ás rúas da localidade reviven a historia de Mondoñedo, caracterizándose e volvendo ao medievo, ao redor dun programa que está a incrementar tanto en número de postos como de actividades a desenvolver.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



