Ribadeo, 5 de decembro de 2017. O Mercado de Nadal de Ribadeo abre as súas portas mañá, 6 de decembro, no parque de San Francisco. Nas 25 casetas instaladas poderán atoparse produtos alimenticios e manufacturados cun elemento en común, o arte do feito a man. Haberá queixos, embutidos, doces, instrumentos musicais, cerámica e xoiería, todo co obxectivo de dinamizar o comercio e a hostalería de Ribadeo durante esta longa ponte festiva.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, declarou que “un ano máis, coa chegada desta ponte de decembro Ribadeo abre a porta ás festas navideñas co xa tradicional Mercado de Nadal, que de novo estará situado no parque San Francisco, e será desde mañá, día 6, ata o domingo, 10 de decembro. O horario de apertura será dende as once da mañá ata as dúas da tarde, e pola tarde desde as cinco ata as nove”.
A edil ribadense salientou que “normalmente neste Mercado de Nadal non soamente podemos disfrutar, que tamén, e mercar os produtos que nos presentan as artesás e os artesáns que van estar nas diferentes casetas, 25 en total, con temáticas ben distintas tanto de comida como de artesanía, roupa e instrumentos musicais. Creo que como todos os anos moi diverso e coa posibilidade de comprar agasallos para todos os gustos. Tamén se ven a disfrutar e a participar de música e diferentes actividades para os máis pequenos. Así durante esta edición teremos actividades artesanais con oficios de diferentes produtos como é o caso dun taller de reciclaxe para nenos con refugallos do mar e teremos outro, como é normal nestas datas, de elaboración de adornos navideños”.
Martínez dixo que “ademais disfrutaremos de música, pasarrúas e concertos como o que terá lugar o día 7 ás sete da tarde no quiosco da música, e o día 8 a esa mesma hora teremos outra actuación. O domingo á hora do vermú, poderemos disfrutar tamén cun concertiño no quiosco da música sempre e cando o tempo acompañe”.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo comentou que “nesta edición do mercado tamén colaboran Amigos da Gaita, que organizan o sábado unha foliada e un magosto preto do mercado. Outros, que son xa asiduos colaboradores deste mercado e que ademais nos permiten disfrutar do seu traballo en directo, e ver tamén o traballo que van facendo durante todo o ano dun xeito artesanal, son os Amigos da Madeira de Ribadeo que terán un stand na antiga oficina de turismo e poderemos pasar por alí a disfrutar co traballo que eles fan”.
Ana Martínez convida “a todos os veciños e veciñas tanto da Mariña lucense como do Occidente de Asturias a que se acheguen a Ribadeo durante esta ponte, a que se acheguen a vivir con nós este mercado navideño e desde logo tamén a mercar no resto do comercio local. Non soamente estarán dispostas as casetas do mercado, senón que todo o noso comercio estará tamén aberto para que a xente poida vir aquí a facer as súas compras navideñas”.
E engadiu: “ao mesmo tempo quero convidar aos visitantes que se acheguen a disfrutar deste mercado e a informarse sen ningún tipo de problema na Oficina de Turismo que teremos un horario especial para atender aos que se achegan dende máis lonxe e queren coñecer o noso territorio. Poderán recibir información durante todos os días da ponte en horario normal dende as dez da mañá ata as dúas da tarde, e pola tarde dende as catro ata as sete”.
Inaugurado o mercado de nadal de Ribadeo que estará situado no parque de San Francisco. Ata o domingo haberá moitas actividades paralelas a esta tradicional cita
-
Seguinte
Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, achegáronse esta tarde ata a Praza dos Campos, en San Cibrao, onde estivo instalado no día de hoxe o punto de información da campaña de sensibilización da Xunta “O que se enchufa, recíclase”, e que contou cunha gran afluencia de público






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



