Ribadeo, 16 de decembro de 2017. Hoxe tivo lugar o acto de descubrimento da primeira da serie de 33 placas con alusións históricas de Ribadeo “que quixemos poñer desde o Concello para facer do noso pobo un museo vivo para @s veciñ@s e visitantes”, sinalou o alcalde, Fernando Suárez. A cita foi na rúa Ibáñez, a carón da Casa do Concello.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para varias persoas: “grazas pois á colaboración de Eduardo Gutiérrez, cronista oficial, Carlos Pérez, deseñador de Sargadelos, a Carlos Longarela Sanfiz, arquitecto municipal e a Kiu Sarmiento, pola vosa participación nos debuxos e deseños e a tod@s os que colaborastes no acto de hoxe dun xeito ou doutro”.
Suárez Barcia anunciou que “para a semana teremos tamén na Oficina de Turismo folletos explicativos con información ampliada en galego, castelán, francés e inglés, e incluso tamén en italiano, porque cada ven máis xente desa fala”. E aludiu a Cicerón “que dicía que todos aqueles pobos que descoñecen a súa historia están condenados a vivir nunha perpetua infancia. E nós en Ribadeo non queremos que iso suceda así. Agardamos que vos guste esta iniciativa”.
Pola súa banda, o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, contou que “sen ser exhaustivos, as 33 placas sinalan lugares emblemáticos do punto de vista da historia local e mesmo dalgunhas tradicións. Indícanse os lugares onde estiveron as portas da vila da muralla medieval, acompañadas de ilustracións un tanto idealizadas pois non conservamos gravados ou debuxos da época, pero si permanecen algúns treitos, polo que mais ou menos pódese seguir o seu itinerario, elaborado a base de documentos. Constan referencias á cerca do século XIII”.
Na súa intervención manifestou: “observarán que hai unha grande parte de fitos relacionados co século XIX ribadense e os primeiros anos do século XX, que abranguen o tempo do tráfico portuario, hanseático e americano, e do auxe comercial. Foi un tempo de ilustración cultural e de importantes figuras, que cómpre reivindicar, porque o progresismo liberal caracteriza a historia ribadense. Lémbranse tamén algunhas figuras filantrópicas, e sinálanse fitos importantes do seu labor. Esa constante histórica aparece reflexada en varias placas, nas que se alude ás súas creacións, algunhas bastante coñecidas, pero outras non tanto como é o caso da Milicia Nacional, ou Milicia Urbana, un Corpo decisivo nas guerras carlistas, a cuxa fronte estivo en Ribadeo unha das mais destacadas figuras liberais na provincia, Fernando Miranda, que tamén foi deputado por Lugo nas Cortes do Estatuto Real e que morreu en acción de guerra en 1839”.
E engadiu que: “en varias ocasións temos lembrado a frase de Richter de que a memoria, ou a lembranza é o único paraíso do que non podemos ser expulsados. As sinalizacións que hoxe se estrean son un guión, un esteo para ese labor de coñecer o noso pasado, para evitar que non sexa tan fuxido, tan efémero, e si mais duradeiro e proveitoso”.
Ao acto, que estivo amenizado por profesores da EMMeD, asistiron concelleir@s da Corporación Municipal ribadense e veciñas e veciños de Ribadeo. Cinco das placas xa foron colocadas e o resto serano ao longo dos vindeiros días, segundo anunciou Fernando Suárez esta mañá.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



