Ribadeo, 14 de marzo de 2018. O Concello de Ribadeo convoca procedemento aberto para proceder á contratación de servizos de auditoría internas e externas da Q de calidade turística das praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas. A data límite de presentación de ofertas é 15 días naturais dende a publicación do anuncio no BOP de Lugo, que foi o pasado 5 de marzo. O valor estimado do contrato ascende a un total de 13.000 euros, e o período de execución comprendería os anos 2018, 2019 e 2020.
Estas praias, As Catedrais e Os Castros-As Illas contan dende hai anos coa Bandeira Azul, coa ISO 14.001, co Regulamento EMAS e coa Q de Calidade Turística. A Bandeira Azul é un galardón que non lle repercute a este Concello un custe económico máis aló das actuacións que puntualmente se deben acometer para adaptarse ás esixencias de ADEAC, mentres que as certificacións medio ambientais de 14.0001 e EMAS veñen sendo sufragadas pola Deputación de Lugo, nun sistema integrado coa Q de Calidade Turística, a cal asume totalmente o Concello de Ribadeo con fondos propios.
A Q de Calidade Turística é unha marca de recoñecido prestixio dirixida á certificación voluntaria dos servizos turísticos. Este recoñecemento obtense cando se evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que a norma correspondente marca.
Dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo sinalan que “á hora de contar coa certificación de Q de Calidade Turística débense pasar unha serie de auditorías todos os anos. Por unha banda estarían as auditorías internas, que as debe realizar unha persoa independente do sistema implantado, que posúa os coñecementos oportunos na materia. Resultando que no Concello de Ribadeo non existe un traballador que cumpra con estes requisitos, é necesario que as auditorías internas as execute unha empresa externa especializada, á cal, aproveitando esta circunstancia, se lle pode contratar tamén apoiar as labores do Responsable do Sistema nas normais tarefas de mantemento da Q de Calidade. Por outro lado estarían as auditorías externas, as propias da certificación, que se dividen en renovación e seguimento, polo que se trata de ciclos de tres anos, debendo ser realizadas por entidades recoñecidas polo ICTE”.
A Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo lembra que “na anualidade de 2017 finalizan os contratos asinados en 2015 para a realización de auditorías internas coa empresa ECINOR e externas con AENOR, polo que se fai necesario iniciar un novo procedemento de contratación por un ciclo de 3 anos, que se realiza por lotes. O Lote 1: consultaría e auditorías internas e Lote 2: auditorías externas. O orzamento para o Lote 1 é de 3.600 euros e para o Lote 2 de 9.400 euros.
E engaden que “poderá esixirse á empresa adxudicataria do Lote 1 posibles responsabilidades derivadas da necesidade de someterse a auditorías externas extraordinarias da Q de Calidade ou outras circunstancias prexudiciais que se deriven dunha mala execución das tarefas de consultaría, asesoramento ao Responsable do Sistema ou auditorías internas”.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



