Burela, 26 de Marzo de 2018. O PSOE aprobou no pleno extraordinario celebrado hoxe en Burela, a prórroga do contrato para a xestión de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e de praias e xestión do punto limpo. O BNG mostrouse moi crítico con esta medida e lembrou que o goberno local leva tres anos anunciando un estudo de custos para valorar a viabilidade da xestión pública do servizo, mais ate o momento non presentou ningún informe sobre esta cuestión.
O portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, lembrou que “a remunicipalización dos servizos de limpeza, auga e lixo foi unha das principais promesas eleitorais do PSOE e a día de hoxe, tras case 3 anos de lexislatura, non foron quen de recuperar a xestión de ningún destes servizos”. “O Sr Llano xa tivo varias oportunidades para mudar o modelo, ao finalizaren os respectivos contratos coas empresas concesionarias da limpeza de instalacións municipais e recollida de lixo, mais lonxe de recuperar servizos, o PSOE consolida a xestión privada, desta volta coa prórroga do contrato da recollida do lixo que ven de aprobar no pleno de hoxe”, sinalou Pillado.
O gasto pola recollida de lixo incrementouse en 93.000€ o pasado ano.
O custo polo servizo de recollida de lixo e limpeza viaria encareceuse uns 93.000€ en 2017, segundo se desprende da liquidación económica do Concello de Burela, o que constitúe un incremento dun 10% do orzamento destinado a este servizo. Neste sentido, xa se manifestara o BNG, no pleno municipal sobre os orzamentos para o presente exercicio, cuestionando o encarecemento dos servizos, así como a falta de vontade política para conseguir mellores servizos e mellor xestionados para Burela.
Mais alá de valorar o funcionamento e o control feito á nova empresa concesionaria, o certo é que o servizo se encareceu e a veciñanza está a pagar máis polo mesmo servizo, algo que se reflicte nas taxas pola recollida do lixo. “Os veciños e veciñas de Burela temos que soportar unhas taxas municipais pola prestación dos servizos básicos das máis caras da comarca, ante a inoperancia e pasividade do Sr. Llano e do seu equipo de goberno”, lamentou Pillado.


















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



