Foz, 26 de marzo de 2018. Hoxe tivo lugar o último sorteo de agasallos da Ruta de Viños que tivo lugar ata o pasado sábado, día 24, en 8 locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.
As afortunadas foron Mari Carmen Couto, que disfrutará dunha cea para 5 persoas no Leytón; e Mª Jesús López, que obtivo 3 vales de 20 euros cada un para consumir en Anduriña, Express e Mayros.
Tamén hoxe tivo lugar a entrega de agasallos ás agraciadas no sorteo celebrado o pasado luns, 19 de marzo. Ofelia Alonso gozará dunha cea para 5 persoas na pizzería Xoiña e Mar Otero de 3 vales de 20 euros cada un para consumir nas cafeterías Anduriña, Express e Mayros. No acto estiveron xunto ás dúas afortunadas Ramón Río, de Anduriña; José Luis Grandío, de Mayros; María Chao, de Dandy; e Fernando López; de Xoyma.
Os sorteos e as entregas de premios da Ruta dos Viños teñen lugar en Radio Foz.
Apertura en Xoves Santo
O comercio asociado ao Centro Comercial Aberto de Foz abrirá as súas portas o vindeiro 29 de marzo, Xoves Santo.
