Lugo, 29 de marzo de 2018. O Deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela Varela, destacou que “o Partido Popular é responsable do grave ataque a todos os traballadores da Deputación de Lugo que supón o bloqueo da Relación de Postos de Traballo (RPT); só a absoluta irresponsabilidade do PP, á que nunca nos daremos acostumado, explica o torpedeo dun acordo unánime pactado, por primeira vez en décadas, coa totalidade da representación sindical nesta Deputación”. “Esta é unha nova mostra da irresponsabilidade política do PP, que xa ten dado probas co seu abandono aos veciños desta provincia, de que non entende a política como unha ferramenta para mellorar a vida das persoas senón como instrumento para a defensa dos seus intereses partidarios”.
“A votación da RPT no último pleno só consistía en ratificala coas melloras incorporadas tras o período de alegacións, pois xa fóra aprobada en decembro cos votos do PSOE e BNG, e a abstención do PP. É máis, non habendo ningunha dúbida, en decembro os grupos da oposición rexeitaron debater este asunto no Pleno da Deputación”.
“O PP retratouse na Deputación de Lugo”, destacou Sotuela e deu un novo exemplo de cal é a súa maneira de facer política, ao bloquear, por puro capricho e sabendo que prexudicaba a todos os traballadores, a RPT pactada coa totalidade dos sindicatos que os representan (UGT, CC.OO, CSIF e CIG)”. O PP e a súa Voceira, Elena Candia, deixan en evidencia o seu cinismo cando intentan xustificar o seu non ao documento pactado coa representación sindical. O cambio no seu voto respecto do Pleno de decembro, no que o PP se abstivo, non se debe á falta de informes ou de seguridade xurídica, pois en reiteradas ocasións e de xeito detallado e persoal llo trasladaron e amosaron os técnicos da Deputación, que, coma sempre, estiveron á disposición de todos os grupos da corporación”.
O Deputado de Goberno Interior apuntou que “as desculpas que agora pon o PP non son máis que unha patraña, nin lle importan os informes. O PP e a súa voceira están a protagonizar unha lamentable farsa na Deputación a conta dos traballadores que desmontaron os feitos. O 20 de marzo, os técnicos provinciais puxéronse en contacto coa voceira do PP, poñéndose a súa disposición para aclarar calquera tipo de dúbida sobre a RPT. Candia non deu sinais de vida. O pasado xoves, na comisión informativa, ninguén do PP formulou pregunta algunha nin tivo ningunha dúbida. Candia agardou a minutos antes do Pleno para dicir aos técnicos que consideraba que faltaba un informe da Secretaría Xeral ao que estes traballadores lle responderon de xeito inmediato, amosándolle persoalmente o informe correspondente ratificado polo Secretario da Deputación”.
“Ademais, é falso que a aprobación da RPT estea condicionada pola Lei de Presupostos do Estado, que afectan á súa aplicación, algo que loxicamente resulta imposible se non é aprobada con antelación”.
“O PP intenta xustificarse pedindo un consenso que boicoteou ao votar contra unha RPT pactada por unanimidade cos sindicatos, por primeira vez en décadas, como recoñecen os representantes dos traballadores, que é froito do consenso e a gran capacidade de diálogo demostrados polo Presidente da Deputación, Darío Campos Conde. O que agora pide o PP, xa existía antes de que eles votaran en contra da RPT, non hai maior consenso posible que o acordo con todos os representantes dos traballadores, aos que o PP non respecta como é a súa práctica habitual, non hai máis que ver o trato que están a dar aos funcionarios de Xustiza”.
“Tampouco entendo a postura do voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, pois, publicamente sempre dixo que defendería os acordos sindicais, ademais de votar a favor da RPT no Pleno Provincial de decembro, e o pasado martes sorpréndenos a todos permitindo que o PP a tombase, sendo cómplice da farsa e irresponsabilidade do Partido Popular”.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



