FOZ a 27 de Marzo de 2018. Este pasado xoves 22, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Marzo do Concello de Foz.
No punto número 6 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ó Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente para a construción dunha rampla para poder acceder á praia dos Xuncos.
A praia dos Xuncos en Cangas leva dende o ano 2016 sen rampla de aceso para persoas con mobilidade reducida, en xullo dese mesmo ano “Foz, Plataforma de Futuro” presentaba unha moción para debater no pleno dese mes, sendo aprobada por unanimidade da corporación municipal. Pasaron case dous anos e dita rampla segue sen repoñerse. ”Foz, Plataforma de Futuro” loita para ter un Foz mais accesible pero sen embargo a desidia do goberno do PP no Estado fai que esta infraestrutura siga sen repoñerse. Estamos á porta da Semana Santa e o noso Concello recibe numerosas visitas e si o tempo acompaña inclusive mais dun se anima a ir darse un chapuzón, así como a temporada estival tamén está as portas e debemos loitar para que a praia dos Xuncos volva a dispor deste servizo.
Por todo o anteriormente exposto propuxemos á Corporación Municipal instar ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, en concreto a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, á construción dunha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida, carriños de nenos ou cadeiras de rodas na praia dos Xuncos en Cangas como tiña ata fai uns anos.
A proposta foi aprobada cos votos favorables de todos os Concelleiros da oposición e a abstención do PP.
No punto número 7 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ao Equipo de Goberno do Concello de Foz que faga as xestións necesarias para mellorar a imaxe da Ponte Vella en Fazouro.
Esta zoa foi recuperada fai uns anos cunha importante inversión por parte do Estado, así como a canalización do saneamento cara a EDAR. Pois ben, segundo nos explican os veciños as luces que hai sobre a Ponte Vella e mais as que están debaixo dos ollos da ponte levan sen funcionar un tempo importante, o que fai esta zoa moi escura durante as noites, así como temos que recordar que cando estaban acesas facían desta zoa, unha das mais bonitas do noso Concello.
Tamén nos explicaron que as bombas que alí hai situadas, que bombean o saneamento para a EDAR de Fazouro están mais tempo paradas que funcionando, (puidemos comprobar cos nosos ollos como era certo, e ó encher o pozo destas bombas e non bombear sae o saneamento nun tubo que hai debaixo dun ollo da ponte), inclusive teñen que ser os propios veciños desta zoa quen suban os automáticos destas bombas para que traballen en numerosas ocasións.
– Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz, a facer as xestións oportunas para solucionar os problemas de alumeado (apliques que hai por riba da ponte e focos que hai entre os ollos da ponte) que hai na Ponte Vella en Fazouro.
– Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a solucionar dunha vez por todas os problemas que hai coas bombas do pozo de bombeo situado na Ponte Vella para non seguir contaminando o Río Ouro.
A proposta foi aprobada por unanimidade.
Non saiu adiante a moción presentada polo noso grupo, no punto número 8 da orde do día de facer un paseo peonil entre Augadoce e a praia de Peizás, no barrio de Forxán, para dar mais seguridade víal ós usuarios desta vía, xa que o PP votou en contra e o BNG se abstivo, sendo decisivo o voto de calidade do Alcalde. Unha pena que os veciños desta zoa e usuarios non poidan ter os mesmos dereitos de acceso e seguridade que poden ter os demais porque alguén considere que “non sexa unha inversión urxente”.
No punto número 3 da orde do día figuraba a proposta do Equipo de Goberno do Concello de Foz para a modificación de crédito para a reforma do pavillón deportivo Municipal de Foz.
Neste punto da orde do día manifestar que os concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro”, quixemos deixar claro dende un primeiro momento, e así llo fixemos constar ó Secretario, que estábamos a favor da remodelación do pavillón de deportes, desta e mais da anterior, pero o que non estamos de acordo e coas formas de proceder do alcalde, que unha vez tras outra fai as mesmas xogadas con modificacións de crédito sistemáticas pola súa mala xestión.
Esta modificación de crédito ven derivada e provocada por non acometer as obras necesarias no seu momento para a substitución do teito do pavillón, xa que hai informes técnicos que dicían ó comezo da obra que había goteiras (como era coñecido por calquera persoa que acude usar o pavillón ou ver algunha actividade alí desenrolada), o único que quería facer ver o contrario era o Sr. Alcalde do noso Concello. Unha obra que roldaba os 600.000€ nun principio, que si se acometera todo en conxunto, podería saír o Concello beneficiado, con obras de melloras que poderían ofertar as empresas contratantes se podería facer mais barata, agora con esta xogada maquiavélica, que ós concelleiros da nosa formación xa non nos colle de sorpresa, vai orixinar que deses 600.000€ non vai sobrar absolutamente nada. Este é un claro exemplo da xestión do Sr. Castiñeira ó fronte do concello de Foz.
Coñecedores de que esta proposta ía saír adiante sen a necesidade dos votos de FPF, decidimos votar en contra como mostra de rechazo á forma de desgobernar do Alcalde do noso Concello, pero alegrámonos enormemente que dunha vez por todas o pavillón de Deportes de Marzán estea nas mellores condicións posibles.
No punto número 4 da orde do día figuraba a proposta do Equipo de Goberno do Concello de Foz de adxudicación de obra da remodelación e reordenación do tráfico da Avda. Alvaro Cunqueiro.
Este punto da orde do día non era mais que un mero tramite administrativo necesario para seguir os trámites para a remodelación desta vía. Os Concelleiros do noso grupo abstivémonos para favorecer o seguimento deste trámite, pero quixemos deixar constancia do desencanto que temos unha vez mais polos incumprimentos dos acordos plenarios no noso Concello.
Incumprimento á hora de facer a xuntanza cos veciños para explicar o proxecto, como vai ser o tráfico mentres dure a obra, etc. Acto informativo que tiña que terse celebrado xa e que vai esperar novamente a que teña a obra comezada, porque este Alcalde cada vez que se lle fala de dar información ós veciños póñenselle os pelos de punta.
Manifestamos o malestar porque entre o PP e o BNG cambiaron o proxecto definitivo da obra para non ter que facer unha nova exposición pública como era obrigatoriamente facer ó haber cambios significativos na obra.
É tanta a falta de transparencia que o Alcalde foi incapaz de respondernos no Pleno, si el tiña coñecemento ou non, de como se ía a distribuír o tráfico mentres durara a obra.
¿Alguén pode crerse que o Alcalde dun pobo coma Foz, a menos de dez días para o comezo das obras, non saiba como vai ir o tráfico mentres dure esta obra tan importante para o noso Concello?
Ver para crer!!.