Burela 4-4-18. O Pescados Rubén Burela FS estreou onte a Semana do Deporte do Concello de Burela, con visitas aos centros educativos da localidade mariñá. Xogadores e xogadoras dos equipos sénior convidaron o alumnado ao partido de Primeira RFEF deste sábado, fronte ao Móstoles FSF (18.30 horas, Vista Alegre), e a asistir ao programa de Radio Galega ‘Convivir Deportivo’, que se gravará o vindeiro luns, 9 de abril.
Mañá será un día cento por cento laranxa, coa participación do fútbol sala nos circuítos deportivos nas dúas Escolas Infantís da vila. Dany, Tai, Julia, Jenny, Cora, Chus, Héctor e Hélder pasarano ao grande xogando cos pequenos burelaos. A xornada porá fin coa mesa redonda ‘Deporte Profesional’, na que Luisma e Ana Romero contarán a súa experiencia, xunto ao xogador do Obradorio CAB Jordan Bachynski e o CD Lugo Adrià Carmona (salón de conferencias, 20.30 horas), co xornalista Ignacio Meitín, de La Voz de Galicia, como moderador.
Baixo o título “Coñeces os 6 básicos dunha alimentación saudable?”, a dietista e nutricionista do equipo masculino laranxa, Cristina Rodil, asesorá os máis pequenos nos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme.
A gravación do programa de Radio Galega ‘Convivir Deportivo’, dedicado ao Pescados Rubén Burela FS e aberto a todo o público, pechará a Semana do Deporte o luns, no auditorio municipal (19.00-21.00 horas), xunto a un relatorio de podoloxía.