Cervo, 4 de abril de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron este mediodía aos usuarios da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na zona da Bidueira, na Estrada de Sargadelos.
O rexedor e a edil, acompañados pola directora do centro María José Novoa, puideron ver en primeira persoa como están a traballar na elaboración dos agasallos que entregará o Concello a modo de recordo a cada unha das palilleiras que participen no XV Encontro que terá lugar este sábado no Pavillón da Veiga.
Tal e como apuntou Armada “entregaremos un bonito chaveiro artesanal a cada palilleira que nos visite; e contamos reunir unhas 600 artesás nesta instalación municipal que xa estamos acondicionando para a ocasión”.
O rexedor sinalou que “cremos que este tipo de colaboracións son importantes porque contribúen tamén a visibilizar e a poñer en valor o gran traballo que fan no centro durante todo o ano nun evento que reúne a tanta xente como é o Encontro de Palilleiras”.
Villares engadiu que “esta é unha desas actividades que axudan a dinamizar todo un pobo porque temos que recordar que son centos os visitantes que chegarán ao noso Concello esta fin de semana na que a ocupación hostaleira xa sabemos que rondará o 100%”.
A xornada comezará coa recepción das palilleiras ás 10:00 horas, a inauguración está prevista para as 12:30 horas, e durante toda a xornada as artesás estarán encetando no Pavillón; tamén se programarán visitas á Fábrica de Cerámica e ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
Ademais haberá sorteos, música a cargo do Grupo Folklórico Airiños do Xunco, e venda de produtos relacionados coa artesanía.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



