Burela, 4 de abril de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Burela a un networking con empresarios e comerciantes da comarca enmarcado na rolda que está a realizar para presentar a estes colectivos as medidas e servizos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ofrece para impulsar tanto novos negocios como para apoiar os que xa están en marcha.
No encontro déronse a coñecer os apoios que a Xunta puxo este ano en marcha dirixidos ao pequeno comercio e, en concreto, os dirixidos ao asociacionismo comercial, xa que mañá xoves se abre o prazo para optar aos 2,5 millóns de euros destinados tanto á dinamización comercial, fidelización e mellora da competitividade de centros comerciais abertos e asociacións de praceiros, como para a revitalización do comercio a través de apoios a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións.
Ao longo da reunión tamén se explicaron polo miúdo os apoios activados en materia de emprego -xa van máis de 66 millóns de euros no que vai de ano en ordes destinadas a autónomos, contratación en pemes, unidades formativas e para ocupados e desempregados-; así como os servizos que o Igape ofrece para impulsar na Comunidade galega a actividade empresarial, con liñas de apoios desde o nacemento dunha idea ata a decisión de crear unha compañía, e para a súa consolidación e posterior internacionalización.
Conde puxo en valor a figura dos Concellos Emprendedores, dirixida ás administracións locais que se adhiran ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para colaborar na captación de investimentos para Galicia, un acordo enmarcado dentro da nova Lei de implantación empresarial.
O titular de Economía fixo especial fincapé nas vantaxes que aporta o novo regulamento para o desenvolvemento de iniciativas empresariais e industriais en Galicia. Así, as compañías interesadas en implantarse na Comunidade contarán cunha maior simplificación administrativa, máis facilidades no acceso ao solo industrial e máis incentivos fiscais. O conselleiro tivo a oportunidade, ademais, de escoitar as suxestións dos asistentes que puideron, tamén, solventar as súas dúbidas con técnicos da Consellería.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



