Mondoñedo 5 de abril de 2018.- A sede da Fundación Comarcal de Mondoñedo acolle desde hoxe e durante cinco meses a terceira edición do espazo coworking da Mariña lucense, na que os emprendedores responsables de 22 proxectos empresariais da zona accederán a formación e orientación individualizada para a posta en marcha e consolidación das súas iniciativas empresariais.
Os emprendedores que se formarán na aceleradora de Mondoñedo, na que ata agora se desenvolveron 44 proxectos, despregarán as súas actividades empresariais nunha variedade de sectores produtivos que van desde o agroalimentario ata o industrial, pasando polos servizos e a importación, e inclúen propostas innovadoras no ámbito da Industria 4.0 e na explotación gandeira, entre outras.
A Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), creou a rede de espazos coworking para favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio. Nestes espazos, os novos emprendedores, ademais de recibir asesoramento á medida sobre a posta en marcha das súas empresas, coñecen polo miúdo os instrumentos de apoio dos que disporán para a consolidación dos seus proxectos unha vez rematado o seu período formativo.
Un total de 130 proxectos serán asesorados na presente edición dos espazos coworking de Santiago, Ferrolterra, a Ribeira Sacra, Costa da Morte e Celanova e Terras da Limia, que acaban de iniciarse, xunto co de Mondoñedo, ou que o farán nos vindeiros días. Por outra banda, acaba de abrirse o prazo de inscrición na próxima edición dos espazos especializados de San Cibrao de Viñas e Vilanova de Arousa, centrados no sector forestal-madeira e na alimentación e o turismo, respectivamente, e onde está rematando a aceleración dos máis de corenta proxectos que participan na primeira edición.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria suma ás accións de formación e asesoramento outros instrumentos de apoio aos emprendedores, como a Rede Galega de Mentores, así como liñas de axudas e financiamento, como os programas do Igape Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, a nova liña de préstamos directos dos Instrumentos Financeiros Innovadores, ou fondos de capital risco como o Galicia Iniciativas Emprendedoras que coordina Xesgalicia.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



