Cervo, 10 de agosto de 2018.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou a empresa de cerámica Sargadelos para coñecer in situ o renacer que está vivindo a compañía vencellado ao deseño e á innovación.
Argerey destacou o papel de Sargadelos como firma de referencia en Galicia no ámbito do deseño, a innovación e a promoción da cultura galega e agradeceu a súa colaboración no programa Deseño para a Innovación 2020, que a Xunta está desenvolvendo con todos os axentes do sistema de innovación co obxectivo de fomentar a incorporación e sistematización do deseño, en todas as súas vertentes -gráfico, de produto, organizacional ou dixital- nas empresas galegas, especialmente nas pemes.
Sargadelos constitúe, en palabras de Argerey, un exemplo de empresa que aúna o deseño e a innovación desde os seus inicios. De feito, as Reais Fábricas de Sargadelos, postas en marcha por Raimundo Ibáñez nos séculos XVIII-XIX, foron un dos primeiros exemplos de industrialización en Galicia.
Posteriormente, no proxecto retomado por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane a creatividade e a innovación cobraron aínda máis forza, coa creación do Laboratorio de Formas que xuntaba a investigación e o deseño tradicional galego e a innovación na produción, na que empregan maquinaria deseñada e creada exclusivamente para ese fin.
Actualmente, a empresa está a experimentar un relanzamento grazas á incorporación da innovación e do deseño en todas as súas vertentes e coa apertura de novas liñas de produción como mantelaría e marroquinaría.
A Xunta, deste xeito, busca a colaboración do grupo empresarial, como un referente no ámbito do deseño e da innovación, na rede de axentes, unha das primeiras actuacións dentro do programa Deseño para a Innovación 2020, unha iniciativa que forma parte do Plan Galicia Innova 2020 e que nace da vontade de integrar dun xeito pioneiro o deseño nas políticas públicas de innovación coa convicción de que éste constitúe un factor clave na competitividade e na produtividade das empresas.
Os obxectivos deste programa, no que se investirán ao redor de 2 millóns de euros, son mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño como un factor estratéxico para a innovación e a competitividade empresarial máis aló do seu valor estético; capacitar a empresas e emprendedores para que invistan en deseño e promovan a innovación en novos produtos, servizos, procesos e estratexias de negocio; e poñer en valor a figura do deseñador industrial como elemento clave na diferenciación das empresas.
A Axencia Galega de Innovación (Gain) conta con experiencia previa en deseño e innovación a través da súa participación nos proxectos europeos Design4Innovation e USER FACTOR.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



