Ribadeo, 16 de agosto de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, denunciou este xoves que “unha vez máis, o Alcalde de Ribadeo vende novas actuacións que non financia o Concello, facendo súas unhas inversións que proceden doutras administracións. Neste caso, as melloras que se van a realizar na avenida Ría de Ribadeo e que ascenden a un total de 380.000 euros proveñen na súa totalidade dos compañeiros socialistas no Goberno da Deputación, non hai nin un só euro por parte do Concello”. Fíxoo estas declaracións tras o anuncio por parte do rexedor do inicio das obras de mellora de dita rúa que consistirán na mellora do alumeado, a dotación de beirarrúas, pasos elevados, así como mobiliario urbano e zonas verdes para humanizar toda a zona.
Fernández Murias criticou a actitude do Alcalde que “leva 8 anos vivindo das axudas doutras administracións e do que fan os demais, facendo moi poucas inversións para mellorar as prestacións públicas de Ribadeo. O señor Suárez quere facer súas unhas melloras fundamentais para os noso veciños, que saen adiante, unha vez máis, grazas ao PSOE. Esiximos ao alcalde que deixe de enganar a todos os ribadenses e amose un pouco máis de seriedade e respecto por unha administración coma a Deputación de Lugo que está a facer grandes inversións no Concello, e que no último ano o Goberno Socialista destinou máis de 500.000 euros á mellora de accesos, saneamentos, atención profesional a maiores ou á xeración de novos empregos”.
Máis actuacións dos Socialistas
O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo anunciou que o Executivo Provincial achegou ao Concello 330.000 euros para o acondicionamento dos accesos aos núcleos das Barreiras, Campoxurado, Igrexa, A Campana, As Anzas, Vilausende e Irexe, así como a mellora do saneamento en Meiregos e O Morgullón. Ademais, con dito investimento do Goberno do PSOE na Deputación arranxarase a fachada da Casa Consistorial.
Fernández Murias subliñou que “unha vez máis dende o PSOE demostramos o noso compromiso por estar ao carón das persoas e deste xeito atender as súas necesidades, dentro da nosa folla de ruta socialista”.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



