Ribadeo, 23 de agosto de 2018. Este xoves terá lugar un pleno extraordinario a partires das 20:30 horas no Concello de Ribadeo para someter a aprobación inicial a regulación do réxime xurídico da nova residencia de maiores. Posteriormente exporase ao público durante un mes para a presentación de posibles alegacións. O alcalde, Fernando Suárez, insiste en que terán prioridade de acceso a ese centro os veciños e as veciñas de Ribadeo e que os prezos serán asumibles. O rexedor destaca o traballo coordinado que se está a realizar coa Deputación de Lugo e di que o equipo de goberno está a facer política social de verdade. Suárez Barcia considera que a residencia de Ribadeo será a envexa de moitos outros lugares.
O alcalde manifestou que “continuamos dando pasos coa posta en funcionamento desta residencia de atención a persoas maiores, que con tanto tesón estamos traballando entre todos para poñer en funcionamento canto antes. Nesta tarde, o pleno celebrará unha sesión extraordinaria onde aprobaremos inicialmente a regulación do réxime xurídico do servizo tanto no que ten que ver coa ordenanza económica, co regulamento de acceso e co regulamento de funcionamento deste centro”.
Fernando Suárez lembrou que “establecemos preferencias para os veciños e veciñas de Ribadeo, en segundo lugar para os veciños da bisbarra e en terceiro lugar para os veciños da provincia, non prohibindo que ninguén poida vir, pero si dando preferencia e maior puntuación aos veciños e veciñas que son de Ribadeo, e que viven en Ribadeo desde hai anos. Tamén queremos que os prezos sexan asumibles, posto que con independencia do custe do servizo, que non é pouco precisamente, se van regular prezos reducidos en función das capacidades dos usuarios de xeito que, ninguén que precise o servizo, se quedará sen el por causa dos recursos económicos”.
O rexedor ribadense indicou que “este novo paso, previsto xa desde hai tempo, vainos dar que, a partir da aprobación inicial de hoxe, abriremos un período de información pública dun mes para que todas aquelas persoas que queiran vir ou queiran alegar poidan facelo segundo establece a lei de procedemento administrativo. E traballando coordinadamente coa Deputación de Lugo que, insisto outra vez máis, é a gran valedora de Ribadeo para isto, e a gran valedora de que esta residencia, xunto con outras da provincia de Lugo que se queren poñer en funcionamento canto antes, poidamos facer política social de verdade, política social da que apostan os veciños e as veciñas. Máis aló das liortas políticas que, moitas veces, existen nos plenos, na Deputación ou en lugares que non veñen a conto, nós desde Ribadeo estamos traballando por este modelo. Parécenos moi bo, dentro da absoluta legalidade estamos traballando cos técnicos do Concello e da Deputación. Parécenos, dentro das posibilidades reais e legais do tempo no que vivimos o mellor modo de facer unha política progresista, unha política para os veciños, e realmente todos aqueles que lle queremos ao noso país e a nosa xente traballamos con grande satisfacción de poder levar este proxecto adiante canto antes, a pesares dos paus nas rodas que outras administracións autonómicas nos teñen posto sempre”.
Fernando Suárez espera que “a partir de agora, xa que non puxeron nin un peso encima da mesa, polo menos non nos poñan problemas agora que estamos encarreirando todo para definitivamente abrir canto antes a prezos asumibles e cunhas garantías e calidades de funcionamento que seremos a envexa de moitos outros lugares”.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



